• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Programación Escolares
      • Infantil
      • Primaria
      • ESO
      • Bacherelato
      • Ciclos formativos
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Envellecemento activo
    • Programas Espazos+60
      • Acompañamento +60
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Emocións e soidades
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Sala de prensa Noticias Afundación instala en Ferrol un contedor para a recollida de residuos mariños no porto
Sala de prensa
Afundación instala en Ferrol un contedor para a recollida de residuos mariños no porto

Afundación instala en Ferrol un contedor para a recollida de residuos mariños no porto

xoves, 01 de xuño de 2023
RSC

O Porto de Ferrol conta desde hoxe cun contedor de lixo mariño para que os pescadores da confraría poidan depositar nel os refugallos recollidos accidentalmente durante o exercicio da súa actividade pesqueira. O acto de presentación contou coa presenza da coordinadora xeral da área de Responsabilidade Social Corporativa e Institucional de Afundación, Pilar Alves Moreno, e do patrón maior da Confraría de Pescadores e Mariscadores de Ferrol, Gustavo Adolfo Chacartegui Pérez-Castrillón.

 

O contedor, de 5 metros cúbicos de capacidade, permanecerá inicialmente no porto, a carón da lonxa, ata finais de ano, e será baleirado periodicamente a medida que se vaia enchendo de refugallos.

 

Esta nova iniciativa impulsada pola Obra Social de ABANCA xorde tras o recente éxito dunha proposta similar levada a cabo no porto de Cambados no seo do proxecto PLANCTON, un plan que ten, entre os seus principais obxectivos, fomentar a conservación e a sostibilidade das actividades socioeconómicas que se desenvolven no mar e que, grazas ás diferentes actuacións de limpeza realizadas ata o de agora, leva xa recollidas máis de 43 toneladas dos fondos e praias de diferentes enclaves da costa galega. O proxecto, integrado na estratexia de sostibilidade de ABANCA e Afundación, trata de promover, ademais, entre a sociedade a conciencia sobre a importancia de actuar de xeito responsable para manter os recursos existentes sen poñelos en risco para as xeracións futuras, todo iso dentro do seu compromiso cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, especialmente cos ODS13 Acción polo clima, ODS14 Vida submarina e ODS17 Alianzas para lograr obxectivos.

 

MES DO MEDIO AMBIENTE CON AFUNDACIÓN E ABANCA

ABANCA e a súa Obra Social, Afundación, desenvolven unha estratexia caracterizada polo posicionamento da sostibilidade no centro da súa acción, fomentando a súa divulgación e a súa aplicación de forma transversal. A concienciación do impacto do ser humano no medio e a divulgación de prácticas acordes á sostibilidade son algúns dos piares desta forma de xestión.

Por iso, e co gallo da celebración dalgunhas das efemérides incluídas no calendario de conmemoracións internacionais da ONU, como o Día Mundial do Medio o 5 de xuño, o Día Mundial dos Océanos o día 8, e o Día das Xentes do Mar o 25 de xuño, a Obra social de ABANCA impulsará durante todo o mes de xuño un completo programa de actividades, que comeza hoxe en Ferrol, co obxectivo de promocionar a sostibilidade e colaborar na súa implantación no día a día da sociedade.

 

As imaxes da presentación están dispoñibles aquí.

Vídeos

Imaxes

  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Envellecemento activo
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    [email protected]
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    [email protected]
    986 120 078