• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Área educativa
      • IESIDE
      • Formación profesional
      • Oferta educativa
      • Axenda
      • Educación S. XXI
    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Envellecemento activo
    • Programas Espazos+60
      • Acompañamento +60
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Emocións e soidades
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Sala de prensa Noticias O Colegio Hogar Afundación inicia a súa XVI Semana Técnica para achegar ao seu alumnado á realidade laboral
Sala de prensa
O Colegio Hogar Afundación inicia a súa XVI Semana Técnica para achegar ao seu alumnado á realidade laboral

O Colegio Hogar Afundación inicia a súa XVI Semana Técnica para achegar ao seu alumnado á realidade laboral

venres, 03 de febreiro de 2023
Educación superior

O Centro de Formación Profesional Colegio Hogar Afundación acollerá a vindeira semana, do 6 ao 10 de febreiro, a súa XVI Semana Técnica (SETEC), este ano co lema «Abrimos camiños», na que participarán profesionais de empresas de toda España, co obxectivo de poñer aos seus estudantes en contacto coa realidade laboral.

 

O programa está dispoñible aquí:

https://drive.google.com/drive/folders/1L05g7vvetCExO1NtaUdyyxyA_GUA6H1V?usp=share_link

 

Reparación de dispositivos electrónicos, futuro das renovables, da robótica, peaxes no sistema enerxético español, sistemas de seguridade aplicados á videovixilancia, robots colaborativos, ICT e fibra óptica, homologacións de soldaduras, imaxe corporativa ou oportunidades de negocio no sector gráfico son algúns dos contidos que se desenvolverán nos relatorios e demostracións programadas para as cinco xornadas da SETEC. Este ano cómpre destacar a presenza de temática vinculada coa robótica e coa liña internacional, en sintonía cunha pauta de actuación do centro que, nos últimos anos, está guiando unha parte relevante das accións, desde proxectos de intercambios Erasmus ata e-twinning.  

 

O programa inclúe, ademais, actividades de temática xeral que se centrarán no acceso ao mercado laboral, o autoemprego e a motivación emprendedora. Así mesmo, co gallo da Semana Técnica, cada departamento do centro organizará tamén unha serie de relatorios, exposicións, visitas técnicas a empresas e demostracións levadas a cabo por recoñecidas compañías e profesionais do ámbito industrial. O obxectivo desta proposta é facilitar a incorporación á vida laboral e ofrecer unha visión clara e veraz do contexto que van atopar os futuros graduados. Esta iniciativa pon de manifesto o compromiso do centro por ofrecer unha formación de calidade humana e técnica, onde escola e empresa teñen que colaborar para formar aos técnicos do futuro.

 

COLEGIO HOGAR AFUNDACIÓN  

O Centro de Formación Profesional Colegio Hogar Afundación de Vigo é un centro de referencia na formación de profesionais e na súa inserción laboral que busca formar a estudantes competentes, comprometidos coa súa contorna e flexibles ante os cambios do mercado laboral. Todo iso, atendendo á innovación, a internacionalización e a sustentabilidade mediante unha educación transformadora, impulsando un currículo académico de alto potencial para a sociedade. Anímaselles, tamén, a potenciar o seu espírito emprendedor mediante a organización de concursos e premios que recoñezan o seu enxeño e creatividade.

 

O modelo educativo implantado caracterízase así mesmo por promover unha formación integral fundamentada no coñecemento técnico e o crecemento persoal en valores, para o que se fomenta a participación en programas de voluntariado en moi diversos ámbitos sociais. Deste xeito, o Colegio Hogar, xa ao comezo da pandemia deu unha resposta inmediata ante a perentoria necesidade de material de protección. Tanto o persoal do propio centro, como exalumnos, a quen se foi sumando máis colectivos, confeccionaron máscaras, pantallas e batas que foron distribuídos entre distintos organismos e institucións de labor imprescindible e de primeira liña xa desde o mes de marzo de 2020.

 

Ademais, todo o equipo do centro envorcouse con intensidade, tras a suspensión das clases presenciais provocada pola pandemia, por afianzar o seu inmediato xiro ao dixital, pasando dun modelo de formación integramente presencial ao formato virtual, primeiro, e híbrido, a continuación. Nun tempo récord, o Colegio Hogar Afundación de Vigo habilitou novos espazos dixitais para a continuar co desenvolvemento das clases, grazas ao esforzo por impulsar mecanismos e canles de docencia en liña. Unha vez renovadas as clases presenciais, a combinación do presencial e o dixital converteuse nun valor engadido que caracteriza a este centro.

 

Vídeos

Imaxes

  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Envellecemento activo
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
Copyright 2020 © Fundación Galicia Obra Social
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078