• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Área educativa
      • IESIDE
      • Formación profesional
      • Oferta educativa
      • Axenda
      • Educación S. XXI
    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Envellecemento activo
    • Programas Espazos+60
      • Acompañamento +60
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Emocións e soidades
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Sala de prensa Noticias O Concerto das Letras Galegas homenaxea musicalmente a Francisco Fernández del Riego en Afundación
Sala de prensa
O Concerto das Letras Galegas homenaxea musicalmente a Francisco Fernández del Riego en Afundación

O Concerto das Letras Galegas homenaxea musicalmente a Francisco Fernández del Riego en Afundación

luns, 30 de xaneiro de 2023
Cultura

A coordinadora da Área de Cultura de Afundación, María Teresa Cores; a presidenta do Consello da Cultura Galega (CCG), Rosario Álvarez; o director da Real Filharmonía de Galicia (RFG), Maximino Zumalave; e o compositor Brais González Pérez presentaron este luns a décimo terceira edición do Concerto das Letras Galegas, que xira musicalmente arredor de Francisco Fernández del Riego (Vilanova de Lourenzá, 1913- Vigo, 2010) e que corre a cargo da RFG e o Coro Rías Baixas. No programa destaca a estrea de Sinfonietta, peza en tres movementos elaborada expresamente para a ocasión por Brais González Pérez (Vigo, 1987) a partir de textos de Salvador García Bodaño e Xaime Isla Couto, e mais A miña burriña, a peza favorita de Fernández del Riego. O concerto celebrarase no serán do 16 de maio, véspera do Día das Letras Galegas, no Teatro Afundación Vigo. En todas as intervencións se destacou «o cariño cara a Fernández del Riego», como comentaba Rosario Álvarez, unha querenza á que María Teresa Cores engadiu «a homenaxe que, por exemplo, nós desde Afundación lle rendemos coa convocatoria anual do noso premio de xornalismo que leva o seu nome».

O Concerto das Letras Galegas xira arredor de dúas ideas: dunha banda, da importancia que Fernández del Riego lle deu á música, especialmente a popular; e, da outra, nunha homenaxe ao contar cun programa que está pensado coma unha síntese dos seus gustos musicais. O homenaxeado desta ocasión foi un home aberto, que coñecía o que se estaba a facer musicalmente no país e tiña unha especial predilección pola música tradicional. De neno, a súa avoa, que tocaba a guitarra, cantáballe cantigas populares que formaron unha parte destacada da súa personalidade. Pero del Riego tamén coñecía os grandes compositores da música clásica por uns veciños de Lourenzá que tocaban o piano.

O concerto comezará coa Suite Vigo do compositor Reveriano Soutullo (Ponteareas, 1880 - Madrid, 1932). Deseguido, Concerto grosso, escrita en homenaxe a Bach (1951) por Jesús Bal y Gay (Lugo, 1905 - Madrid, 1993), nunha clara conexión entre o papel de del Riego co que se estaba a escoitar no seu contexto. A terceira peza é a estrea da peza composta para a ocasión.

Estrea da Sinfonietta

Como vén sendo habitual, haberá unha estrea absoluta dunha composición para orquestra e coros encargada. Desta volta, o compositor vigués Brais González Pérez (Vigo, 1987) preparou unha Sinfonietta sobre textos de Xaime Illa Couto e Salvador García Bodaño dedicados a Francisco Fernández del Riego. Segundo explicou o propio Brais «ten 2 movementos corais e un instrumental e están vencellados a don Paco a través da música e dun dato biográfico, que é o feito de que el mesmo ten declarado en numerosas ocasión que a súa melodía popular favorita é A miña burriña». Para o traballo de composición, fixo tamén un labor de reestruturación de estrofas e versos a partir do texto de Salvador García Bodaño. «O resultado final é que, cos cambios, a mensaxe pasaba de ser algo tremendamente individual a algo moi da terra. É un canto final a don Paco e a Galicia», apuntou Brais González.

Vídeos

Imaxes

  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Envellecemento activo
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
Copyright 2020 © Fundación Galicia Obra Social
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078