
Ex machina, a seguinte proposta do ciclo de cinema sobre intelixencia artificial programado na Sede Afundación da Coruña
Ex machina é a nova proposta dentro do ciclo de cinema sobre intelixencia artificial que programou Afundación, a Obra Social de ABANCA, no marco da mostra internacional interactiva «AI: More than Human». Un proxecto expositivo, que chega por primeira vez a España e o fai nun momento no que este campo cobra un relevo máis significativo para Galicia, se cabe, coa flamante elección de A Coruña como Sede da Axencia Europea de Intelixencia Artificial. Poderá visitarse na Sede Afundación ata o vindeiro 5 de febreiro. O ciclo está composto por dez películas que expoñen a relación dos seres humanos coa intelixencia artificial desde diferentes perspectivas.
A seguinte proxección será o vindeiro luns 23 de xaneiro ás 19.00 h, Ex machina (Alex Garland, 2014).
Nathan, un programador multimillonario recluído no seu propio mundo, selecciona a Caleb, un novo empregado da súa empresa, para que pase unha semana con el nun lugar remoto nas montañas co obxectivo de que participe nun test no que está involucrada a súa última creación, Ava, un robot muller no que a intelixencia artificial o é todo.
Este ciclo enmárcase no programa «Cultura por alimentos», unha iniciativa da Obra Social de ABANCA en favor de FESBAL. Así, o acceso a cada unha das sesións será a cambio da entrega dalgún alimento non perecedoiro que irá destinado ao banco de alimentos local. É necesario realizar unha reserva previa na web Ataquilla.com.