• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Área educativa
      • IESIDE
      • Formación profesional
      • Oferta educativa
      • Axenda
      • Educación S. XXI
    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Envellecemento activo
    • Programas Espazos+60
      • Acompañamento +60
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Emocións e soidades
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Sala de prensa Noticias A creación de cancións con intelixencia artificial centra a xornada sobre música de «AI: More than Human»
Sala de prensa
A creación de cancións con intelixencia artificial centra a xornada sobre música de «AI: More than Human»

A creación de cancións con intelixencia artificial centra a xornada sobre música de «AI: More than Human»

venres, 20 de xaneiro de 2023
Cultura

Hai máquinas intelixentes capaces de compoñer música tradicional galega? Como se usarían? Serán creadas por robots as cancións do futuro? Estas son algunhas das preguntas que terán resposta na xornada «Música creada con intelixencia artificial», que se celebra na sede de Afundación na Coruña mañá, sábado, día 21 de xaneiro. A asistencia á xornada do sábado será de carácter gratuíto previa inscrición electrónica.

 

O material audiovisual está dispoñible aquí. 

A xornada constará de diferentes actividades formativas e un concerto coa participación da intelixencia artificial de AI-Lalelo e as voces de Camille Hédouin (Mounqup) e Eva Outeiro. O proxecto galego PAMP!, de cuxo equipo son parte Hédouin e Outeiro, xerou con ferramentas de IA a canción AI-Lalelo, que hai seis meses foi recoñecida como a segunda mellor do mundo en 2022 polo AI Song Contest. O voto do público do certame, o principal deste tipo de músicas no continente, elixiu AI-Lalelo como a mellor canción. Os membros de PAMP! dirixirán o seminario, a masterclass, o debate e o taller que se celebrarán durante a xornada.

 

PAMP!

O equipo galego PAMP! compuxo AI-Lalelo nun proceso creativo de catro meses, traballando a partir da intelixencia artificial aplicada á composición da letra, harmonías, instrumentos e videoclip da canción. O tema pretende ser unha homenaxe ás mulleres que construíron Galicia e mantiveron vivas a tradición, lingua e cultura propias. Ademais das voces de Camille Hédouin (Mounqup) e Eva Outeiro, integran PAMP! Juan Alonso, Sofía Oriana, Xandre Outeiro, David Santos, Marta Verde e Joel Cava, responsable creativo de CECUBO Group, a empresa consultora galega que promove esta iniciativa.

 

A xornada de traballo do próximo sábado será unha das últimas actividades da programación vinculada á exposición «AI: More than Human». A mostra, que desde setembro visitaron miles de persoas para coñecer máis, de forma inmersiva, que é a intelixencia artificial, será clausurada na Coruña o próximo 5 de febreiro. Despois continuará o seu percorrido internacional cunha primeira parada en Barcelona para ser exposta, a seguir, en Estados Unidos.

 

A exposición «AI: More than Human» foi creada polo Barbican Centre de Londres (Reino Unido) e coproducida polo Forum Groningen (Países Baixos). Tras a súa inauguración en Londres e o seu paso por China, o traballo conxunto de Afundación cos creadores da exposición permitiu que A Coruña foi a primeira cidade comunitaria en acollela.

Vídeos

Imaxes

  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Envellecemento activo
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
Copyright 2020 © Fundación Galicia Obra Social
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078