• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Programación Escolares
      • Infantil
      • Primaria
      • ESO
      • Bacherelato
      • Ciclos formativos
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Envellecemento activo
    • Programas Espazos+60
      • Acompañamento +60
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Emocións e soidades
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Sala de prensa Noticias Mar Mato, Begoña R. Soteliño e Manuel Varela, finalistas do XX Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
Sala de prensa
Mar Mato, Begoña R. Soteliño e Manuel Varela, finalistas do XX Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego

Mar Mato, Begoña R. Soteliño e Manuel Varela, finalistas do XX Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego

martes, 25 de abril de 2023
Cultura

Afundación, a Obra Social de ABANCA, deu a coñecer hoxe na Sede Afundación de Pontevedra os artigos finalistas do XX Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego. Tras a deliberación do xurado, integrado por Víctor Freixanes, Carlos Valle, Fina Casalderrey, Gloria Rodríguez, Xosé Carlos Caneiro, María Varela e Francisco Castro, fíxose pública a resolución das persoas finalistas desta edición, coincidente coa dedicación do Día das Letras Galegas á figura de quen a Obra Social de ABANCA conmemora todos os anos con este galardón. A lectura da acta correu a cargo de Carlos Valle, secretario do xurado. As persoas finalistas son, xa que logo, Mar Mato por «Réquiem por un sombreiro» publicado en Faro de Vigo o 04/09/2022; Begoña R. Soteliño, por «Gafas de pasta, cores de Warhol... Letras Galegas», en La Voz de Galicia, o 27 /12/2022; e Manuel Varela, por «Cando atopei a paz nun Dacia» en La Voz de Galicia, o 29/08/2022.

 

Na rolda de prensa de hoxe, Pedro Otero, director xerente de Afundación, subliñou «tanto a ardua tarefa de selección por parte do xurado, dada a calidade dos textos presentados, como o papel esencial que o xornalismo desempeña e que require grandes esforzos e se nos revela imprescindible». Víctor Freixanes, pola súa banda, quixo «destacar a calidade, precisión e esmero de todos os traballos presentados. Unha convocatoria deste tipo sempre ten algo de crónica e tentamos premiar aqueles traballos atemporais, pezas literarias que perduren no tempo e sirvan de referencia. Nestes artigos observei preocupación polo que está pasando no país».

 

Todo o material desta rolda de prensa está dispoñible na seguinte ligazón.

 

Un total de 32 artigos optaban á XX edición do Premio Fernández del Riego. Podían presentarse artigos incluídos no xénero do xornalismo literario ou ben no xénero de artigo de opinión, coa única condición de que só se presentase un texto por autor que fose recollido entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2022 en calquera medio de comunicación, impreso ou dixital, de cabeceiras recoñecidas e escrito en lingua galega.

O premio está dotado con 10 000 euros. Entre os gañadores podemos sinalar nomes tan importantes como Fina Casalderrey, Carlos G. Reigosa, Rosa Aneiros, Manuel Rivas, Manuel Bragado, Luís Pousa, Ramón Loureiro, Tamara Montero, Miguel Anxo Murado, Inma López Silva, Cristina Pato, Míriam Ferradáns ou Francisco Castro, gañador da última edición.

Vídeos

Imaxes

  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Envellecemento activo
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    [email protected]
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    [email protected]
    986 120 078