• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Programación Escolares
      • Infantil
      • Primaria
      • ESO
      • Bacherelato
      • Ciclos formativos
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Envellecemento activo
    • Programas Espazos+60
      • Acompañamento +60
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Emocións e soidades
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Sala de prensa Noticias Mar Mato recibe o XX Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
Sala de prensa
Mar Mato recibe o XX Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego

Mar Mato recibe o XX Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego

xoves, 01 de xuño de 2023
Cultura

Afundación, a Obra Social de ABANCA, celebrou hoxe na Sede Afundación Vigo o acto de entrega do XX Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego, outorgado a Mar Mato polo seu artigo «Réquiem por un sombreiro» publicado en Faro de Vigo o 04/09/2022. Este texto será incluído, a xeito de separata, no libro conmemorativo deste vixésimo aniversario que acaba de saír do prelo.

Acompañaron a premiada, ademais das outras dúas persoas finalistas, Manuel Varela e Begoña R. Sotelino, o presidente de Afundación, Miguel Ángel Escotet; o director xerente de Afundación, Pedro Otero Espinar; e as persoas integrantes do xurado: Víctor Freixanes, presidente; Fina Casalderrey, vogal; María Varela, vogal; Gloria Rodríguez López, vogal; Xosé Carlos Caneiro, vogal; e Francisco Castro, vogal e premiado na pasada edición.

Desde Afundación incidiuse en que «con cada edición deste galardón que convocamos, contribuímos a dinamizar o panorama cultural de Galicia, e iso, para nós, significa materializar o compromiso adquirido para impulsar o coñecemento a través da cultura, especialmente nun ano no que Francisco Fernández del Riego é dobremente conmemorado: co Día das Letras Galegas e o noso galardón, que lle recoñece, cada ano, o labor a prol das letras, da cultura e do progreso a través de ambas». Ademais, insistiuse nos «parabéns por esta distinción ás tres persoas finalistas, porque a concorrencia constante a este certame, que nesta ocasión marca un récord, reflicte o interese por unha prensa de calidade escrita en galego e que, da man dos novos valores das nosas letras, procura satisfacer as demandas esixentes da sociedade».

A continuación, o presidente do xurado, Vítor Freixanes, destacou o compromiso de Afundación coa cultura e quixo acentuar o valor do «talento, que no caso das tres finalistas foi poñer en palabras as emocións e sentimentos profundos que todos temos. Os vosos traballos son moi intensos e están moi ben escritos e corroboran a idea que comentabamos o ano pasado: as xornalistas literarias engrandecen a nosa literatura».

Mar Mato quixo destacar «o agradecemento e a emoción de poder contar co Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego. E quero agradecer a Afundación, a Obra Social de ABANCA, o apoio ao xornalismo, e, en concreto, ao xornalismo en galego. O seu papel é fundamental nestes tempos complicados para a nosa profesión e para as letras galegas». Tamén recoñeceu o valor de quen o acompañaron na candidatura de finalistas, Manuel Varela e Begoña R. Sotelino, e que foron obsequiados con cadansúa lámina de autor en calidade de finalistas. Finalizou a premiada agradecendo o apoio das súas compañeiras e compañeiros no Faro de Vigo, e, moi especialmente, da súa familia.

 

Nesta ligazón están as imaxes do evento e a biografía de Mar Mato xunto ao seu artigo gañador.

Vídeos

Imaxes

  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Envellecemento activo
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    [email protected]
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    [email protected]
    986 120 078