• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Programación Escolares
      • Infantil
      • Primaria
      • ESO
      • Bacherelato
      • Ciclos formativos
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Envellecemento activo
    • Programas Espazos+60
      • Acompañamento +60
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Emocións e soidades
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Sala de prensa Noticias Mes do Medio Ambiente en Naturnova, o centro interactivo de educación ambiental de Afundación
Sala de prensa
Mes do Medio Ambiente en Naturnova, o centro interactivo de educación ambiental de Afundación

Mes do Medio Ambiente en Naturnova, o centro interactivo de educación ambiental de Afundación

venres, 02 de xuño de 2023
RSC Conocimiento y Formación

O Centro Interactivo da Educación Ambiental de Afundación, Naturnova, situado en Vigo, programou diversas propostas no marco da programación deseñada pola Obra Social de ABANCA durante todo o mes de xuño. Coincidindo coa celebración dalgunhas das efemérides incluídas no calendario de conmemoracións internacionais da ONU, como o Día Mundial do Medio o vindeiro luns 5 de xuño, o Día Mundial dos Océanos o día 8, e o Día das Xentes do Mar o 25 de xuño, ABANCA e Afundación impulsarán durante todo este mes un completo programa de actividades co obxectivo de promocionar a sostibilidade e colaborar na súa implantación no día a día da sociedade.

As actividades do Mes do Medio en Naturnova iniciaranse mañá. Así, para facilitar o acceso a este centro de referencia na divulgación de valores ambientais, celebraranse dous días de portas abertas, mañá día 3 de xuño e o vindeiro sábado 10 de xuño. Ademais, os máis pequenos poderán acudir a un obradoiro de bolboreta, insectos e arácnidos os días 9, 16, 17 e 23 de xuño para poder ver, tocar e aprender sobre o papel fundamental dos insectos nos ecosistemas, con contidos adaptados ás idades dos participantes. Ambas as propostas forman parte de «Cultura por alimentos», polo que a entrada ás actividades farase a cambio do depósito de alimentos non perecedoiros que se doarán ao Banco de Alimentos local.

Ademais, desde o día 21 de xuño, programouse a «Xincana de pintafontes», un percorrido «pirata» no que os participantes, por equipos, aprenderán distintos aspectos do universo, a terra e o medio ambiente. A actividade, adaptada a dous niveis de dificultade, de 3 a 5 anos e de 6 a 12 anos, pode realizarse de martes a venres, durante o mes de xuño e en xullo de luns a venres. Máis información e inscricións AQUÍ.

Como colofón, Naturnova estreará un novo módulo interactivo sobre o proxecto PLANCTO, que desenvolve a Obra Social de ABANCA en areais e costas galegas, co obxectivo fomentar a conservación e a sustentabilidade das actividades socioeconómicas que levan a cabo no medio marítimo e co que se lograron recoller desde o seu inicio, en 2021, máis de 43 toneladas de residuos mariños.

O MES DO MEDIO AMBIENTE

ABANCA e a súa Obra Social, Afundación, desenvolveron unha maneira de xestión caracterizada polo posicionamento da sostibilidade no centro da súa acción, fomentando a súa divulgación e a súa aplicación de forma transversal. Así, deixou de ser unha estratexia máis para converterse na maneira de facer habitual da organización. Os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS), definidos pola Organización das Nacións Unidas, son unha das ferramentas principais que tanto Afundación como ABANCA utilizan para guiar o desenvolvemento estratéxico necesario na consecución dunha sociedade sostible.

A concienciación do impacto do ser humano no medio e a divulgación de prácticas acordes á sostibilidade son algúns dos piares desta forma de xestión. É por iso que a Obra social de ABANCA impulsará durante todo este mes un completo programa de actividades, que se insiren na estratexia global de sostebilidade de ambas as entidades, cuxas accións alcanzan cada un dos seus departamentos e actuacións e esténdense de maneira continua durante todo o ano.

Imaxes dispoñibles  na seguinte ligazón.

Vídeos

Imaxes

  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Envellecemento activo
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    [email protected]
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    [email protected]
    986 120 078