• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Área educativa
      • IESIDE
      • Formación profesional
      • Oferta educativa
      • Axenda
      • Educación S. XXI
    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Envellecemento activo
    • Programas Espazos+60
      • Acompañamento +60
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Emocións e soidades
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Sala de prensa Noticias «O Camiño ilustrado», de Afundación e ABANCA, no Concello de Portomarín
Sala de prensa
«O Camiño ilustrado», de Afundación e ABANCA, no Concello de Portomarín

«O Camiño ilustrado», de Afundación e ABANCA, no Concello de Portomarín

luns, 23 de xaneiro de 2023
Cultura

Afundación, ABANCA e o Concello de Portomarín, no marco do Xacobeo 21-22, presentaron hoxe a mostra «O Camiño ilustrado. Unha viaxe pintada por Alicia Aradilla». A este acto acudiron Pablo Rivas Folgueira, alcalde de Portomarín; Zaira Dapena Castro, directora territorial de ABANCA en Lugo; Óscar Rodríguez Rodríguez, coordinador institucional de ABANCA en Lugo; e a coordinadora institucional de Afundación en Lugo e Ourense, Beatriz Fernández-Anguiano.

«O Camiño ilustrado. Unha viaxe pintada por Alicia Aradilla» recolle 60 acuarelas realizadas pola recoñecida ilustradora e autora de cadernos de viaxe que a día de hoxe conta con máis de 125 000 seguidores en Instagram. As ilustracións que conforman a mostra abordan o camiño cunha mirada nova, fresca e luminosa. A mostra permanecerá aberta ata o 17 de febreiro no Pazo Xeral Paredes de Portomarín en horario de luns a venres de 09.00 a 14.00 h e, polas tardes, previa reserva no teléfono 982 545 070.

As imaxes están dispoñibles aquí.

 

Articulada en tres seccións fundamentais ―«O Camiño», «Os camiñantes» e «Compostela. A cidade e o seu patrón»―, e con textos explicativos do doutor en Historia e experto medievalista Feliciano Novoa, a mostra compleméntase cunha sección dedicada ao movemento sketch urban (debuxo do contorno natural e cotián a través de cidades, camiños e viaxes) do que Alicia Aradilla é un referente internacional.

 

Esta exposición, orixinada a partir da publicación El camino ilustrado de Editorial Planeta, trasladará o público ás distintas cidades monumentais que atravesa o Camiño de Santiago. Navarra, Burgos ou León, por exemplo, e a súa fauna e flora, conviven nunha mostra que homenaxea tanto o patrimonio cultural como o natural dunha ruta descrita como de conformación da esencia europea. É o Camiño de Santiago a senda de peregrinación con maior antigüidade e tránsito de toda Europa. Son centos de anos cativando todas as persoas que se animan a descubrilo e vivilo, o que explica que sexan moitos os e as artistas atraídos por el, e que o converteron en fonte de inspiración e temática da súa obra.

Como explica Feliciano Novoa, tradicionalmente entendeuse o Camiño como unha fonte de intercambio cultural, e este é un aspecto especialmente interesante no caso de Alicia Aradilla, porque as súas viaxes tamén se alimentan dese rico intercambio cultural que sucede cando se atravesan as fronteiras propias. Na mostra, dedícase unha sección para entender o vínculo entre a viaxe e a creación, que no caso de Aradilla é tan notorio. Hai tamén exposto material orixinal da autora, como un caderno de viaxe, ou pinceis e acuarelas que adoita levar na súa mochila cando viaxa. Tamén documentación audiovisual (fotografía e proxeccións), que mostran como a súa paixón polas acuarelas e a viaxe a levou a outras partes de España e do mundo.

 

Alicia Aradilla

 

En 2017 deixou a súa carreira para percorrer case 20 países durante un ano e poder recoller a súa experiencia en acuarelas. Froito deste periplo, realizou máis de 700 ilustracións nos seus cadernos de viaxe, que foi mostrando nas súas RRSS, onde actualmente ten mais de 125 000 seguidores da súa obra. 

Considerada unha auténtica referencia no seu campo, comezou no mundo do urban sketch (debuxo en contorno urbano) en 2016, gañándose axiña o recoñecemento da crítica e público, e convertendo desde entón a acuarela e a tinta no seu medio para captar experiencias e plasmalas en papel. Deste modo, cada debuxo se impregna dunha historia, un concepto que entusiasma tanto a viaxeiros como a artistas.

Alicia Aradilla percorre os recunchos de distintos países cunha caixa de acuarelas na mochila, deténdose durante un bo anaco a retratar paisaxes no seu caderno. Ademais de Instagram, onde tamén sobe Stories nas que resolve dúbidas aos seus seguidores, ou ben making of da súa publicación diaria, a ilustradora condensa todas as experiencias na súa propia canle de YouTube.

Vídeos

Imaxes

  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Envellecemento activo
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
Copyright 2020 © Fundación Galicia Obra Social
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078