• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Área educativa
      • IESIDE
      • Formación profesional
      • Oferta educativa
      • Axenda
      • Educación S. XXI
    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Envellecemento activo
    • Programas Espazos+60
      • Acompañamento +60
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Emocións e soidades
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Sala de prensa Noticias Un total de 700 mozas e mozos aprenden a emprender da man de 17 empresas galegas
Sala de prensa
Un total de 700 mozas e mozos aprenden a emprender da man de 17 empresas galegas

Un total de 700 mozas e mozos aprenden a emprender da man de 17 empresas galegas

martes, 31 de xaneiro de 2023
Conocimiento y Formación

Un total de 700 mozos e mozas da educación secundaria (ESO), bacharelato e formación profesional (FP) de 17 centros educativos de toda Galicia participan no programa «Empresa familiar nas aulas». A iniciativa está impulsada pola Asociación Galega da Empresa Familiar (AGEF) e mais Afundación, a Obra Social de ABANCA.

Esta terceira edición do proxecto educativo, que persegue fomentar o emprendemento e o achegamento da mocidade galega ás empresas da comunidade e quen tres anos xa duplicou o número de estudantes e centros educativos participantes, contará con faladoiros con 17 empresarias e empresarios familiares dalgunhas das compañías de propiedade familiar máis relevantes de Galicia. No programa deste ano participan os máximos responsables das empresas Lence, Cafés Candelas, Lodiel, Pérez Rumbao, Babé y Cía, Severiano Servicios Móviles, Congalsa, Altia, Aluminios Cortizo, Terras Gauda, Revi, Jealsa, Nogar, Aresa, Aceites Abril, Regueira e Galuresa.

O proxecto inclúe visitas dos estudantes ás empresas e a participación no concurso «Imaxina a túa empresa», que permite involucrarse nun traballo de creación dunha nova empresa en Galicia de calquera sector ou actividade, no que deben detallar a idea, un breve plan de negocio e os obxectivos da nova compañía.

Nas anteriores edicións foron galardoados alumnos de 4.º da ESO de San José Cluny (Santiago de Compostela) e de 1.º de bacharelato do centro Divina Pastora (Ourense) polas iniciativas de creación dunha empresa de xeración de enerxía a partir de facer exercicio na casa, e de creación dun podcast sobre saúde mental para contar con espazos seguros para a mocidade, respectivamente.

O obxectivo do programa é reforzar a educación emprendedora e fomentar as vocacións nos escolares, así como potenciar os valores das empresas familiares, que representan o 92,4 % do tecido empresarial de Galicia e dan emprego directo a 390.000 persoas.

«Empresa familiar nas aulas» tamén serve para orientar a mocidade sobre o seu futuro laboral, dando a coñecer as oportunidades que ofrece a FP e o emprendemento como opcións de emprego e autoemprego. Galicia está entre os territorios con menor actividade emprendedora de España, motivo polo cal a educación e a formación neste eido figuran entre os principais elementos sinalados polos expertos no estudo elaborado por GEM Galicia para reverter a situación.

«Abrir a porta das grandes empresas da contorna e coas que conviven a diario é clave para que poidan coñecelas e aprender do seu funcionamento. Só así podemos impulsar a educación empresarial e garantir tamén o legado do emprendemento, xerme das empresas familiares do futuro», explica Víctor Nogueira, presidente das empresas familiares galegas.

Miguel Ángel Escotet, presidente de Afundación, destaca que «o programa reforza o desenvolvemento dunha cultura emprendedora entre os máis novos e pon en valor a importancia da empresa familiar como xeradora de emprego e riqueza no seu territorio. Un feito que enlaza directamente coa misión de Afundación».

 

Vídeos

Imaxes

  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Envellecemento activo
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
Copyright 2020 © Fundación Galicia Obra Social
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078