• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Artistas
Ficha de autor

RICARDO CAMINO

Camino Calvo, Ricardo

( A Coruña, 1898 - 1990 )

Biografía

Iniciou os seus estudios na Escola de Artes e Oficios da súa cidade natal, e máis tarde ampliounos en Madrid, pensionado polo Concello e a Caixa de aforros herculinos. Foi discípulo de José María López Mezquita e tomou contacto coa escola de paisaxistas que acudía periodicamente a El Paular. Concorreu a exposicións nacionais e estranxeiras, entre elas a de Belas Artes, onde na convocatoria de 1934 conseguiu unha bolsa de viaxe co seu cadro "La dama de la Mantilla", pintura coa que o mesmo ano logrou a segunda medalla na Exposición Rexional de Ferrol, segundo precisa o crítico coruñés Fernando Mon. Bo debuxante e excelente colorista, Camino Calvo, cunha relación con Galicia practicamente nula, é sobre todo un excelente paisaxista, que sen perde-las referencias formais abstrae considerablemente a realidade, sintetizándoa en manchas moi soltas, de posuidor de bo oficio. O seu estilo identifícase co doutro excelente pintor galego tamén pouco coñecido na súa terra, o lucense Fermín González Prieto. Abarca grandes perspectivas, e o seu placer por verdes e ocres permítenlle crear ambientes sen máis referencias formais cá vexetación escasa das zonas elevadas, en pincelada longa, moi tendida.

Bibliografía

-Pantorba, Bernardino de: Historia y crítica de las Exposiciones nacionales de Bellas Artes. Madrid, 1980. -Enciclopedia Gallega. Vol. IV. Gijón, Cañada, Edit, 1973 y ss. -F. Pablos "O secundario elevado ó protagonismo", presentación do catálogo da exposición "Bodegóns e floreiros" reproducido co núm. 25.

Obra

  • Paisaje lucense

    Paisaje lucense 1950

Ver todas as obras
  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2023© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2023
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    coleccion@afundacion.org
    986 12 00 84 / 986 12 00 78