Aviso legal
A Fundación Galicia Obra Social (“Afundación” en adiante), con domicilio social na Coruña, Cantón Grande 8, Código Postal 15003, N.I.F. G-70270293 e inscrita no Rexistro Único de Fundacións de Interese Galego, Sección da Consellería de Facenda, da Xunta de Galicia co número 2013/12, á que corresponde a titularidade do portal www.afundacion.org (en adiante, tamén denominado o “Portal”), que pon a disposición das persoas usuarias de Internet, co fin tanto de proporcionar información sobre os servizos, produtos e actividades ofrecidos por Afundación, como de permitir a prestación de determinados servizos a través do propio Portal, denominados "online".
Aceptación das Condicións de Utilización do Portal
As presentes condicións xerais de utilización do Portal, xunto coas condicións xerais de contratación dos servizos prestados a través do mesmo, así coma calquera outras condicións que a tales efectos poidan establecerse, teñen por finalidade a regulación e información aos usuarios do Portal dos servizos que presta Afundación, e a propia regulación do uso do Portal.
A navegación e/ou a utilización dos servizos do Portal supoñen a aceptación como Usuario, e sen reservas de ningún tipo, de todas as condicións xerais de utilización do mesmo, así como das condicións xerais de contratación e de calquera outras condicións que poidan establecerse en relación coa prestación a través do Portal dos servizos ofrecidos por Afundación.
Política de privacidade
-
Responsable do Tratamento
O Responsable do Tratamento correspóndese co do titular do presente sitio web, accesible a través de www.afundacion.org, é Afundación, cos datos que figuran anteriormente. -
Datos tratados, finalidades e plazo de conservación
-
Datos tratados
Aos efectos da solicitude de información ou de contacto, a subscrición nos nosos boletíns ou newsletters, a participación en promocións ou concursos ou a compra na nosa tenda online, deberanse facilitar uns datos enchendo os formularios dispostos a estes efectos, en que se indicarán cales deles teñen o carácter de obrigatorio.
Durante a navegación, Afundación obtén datos que lle achegan información sobre usabilidade e preferencias dos usuarios, segundo os termos e condicións que se prevén expresamente no apartado de cookies. A estes efectos, utilízanse algunhas que permiten interactuar con redes sociais ou outras plataformas externas directamente desde a Web. A forma de interactuar do Usuario e a información obtida durante a navegación estará sometida á configuración de privacidade do propio Usuario en cada rede social, podendo mesmo esas plataformas obteren algunha información da súa navegación, aínda que o usuario non faga uso dos seus servizos.
-
Finalidades
As finalidades serán as seguientes:- Contacto: O correo electrónico e/ou o teléfono facilitado para o contacto, será/n utilizado/s para unha efectiva contestación ás cuestións formuladas.
- Boletíns o newsletters: O correo electrónico, que deberá ser verificado polo Usuario, ou outros similares, como poida ser o teléfono; será/n utilizado/s para a remisión dos boletíns ou newsletters, de acordo aos seus intereses.
- Promocións/concursos: Os datos achegados serán utilizados para a realización de cantas xestións sexan necesarias para o desenvolvemento do/da correspondente promoción e/ou concurso.
- Compra online: Os datos serán necesarios para a identificación do comprador e para a eventual remisión dos bens adquiridos.
-
Conservación
O prazo de conservación será o seguinte:- Boletíns ou newsletters: Os datos serán tratados, desde que o Usuario preste o seu consentimento ata a retirada do mesmo, o cal poderá outorgarse cantas veces queira. En cada comunicación, o Usuario atopará un procedemento gratuíto e accesible para xestionalo.
- Promocións/concursos: Os datos serán tratados durante o trámite da correspondente promoción e/ou concurso, mesmo a entrega do premio e, unha vez finalizado, serán gardados para a eventual tramitación de reclamacións ou queixas, relacionadas co desenvolvemento do mesmo.
- Compra online: Os datos deberán ser conservados durante ao menos 5 anos, en cumprimento da normativa fiscal e/ou contable, á que está suxeita Afundación.
-
-
Exercicio de dereitos
Calquera persoa ten dereito a obter confirmación sobre se se está a proceder ao tratamento de datos persoais que lle concirnan, ou non. As persoas interesadas teñen dereito a acceder aos seus datos persoais, así coma a solicitar a rectificación dos datos inexactos ou, no seu caso, solicitar a súa supresión cando, entre outros motivos, os datos xa non sexan necesarios para os fins que foron recollidos. En determinadas circunstancias, os interesados poderán solicitar a limitación do tratamento dos seus datos ou opoñerse ao tratamento dos mesmos, nese caso unicamente os conservará Afundación para o exercicio ou a defensa de reclamacións. Para todo iso, os usuarios poderán dirixir unha comunicación por escrito a Comité de Privacidade: San Andrés 135-137, 2ª. 15003 da Coruña, ou remitir un correo ao enderezo [email protected] incluíndo, en ambos os casos, unha copia do documento nacional de identidade ou documentación acreditativa equivalente. No caso de que desexe exercer o dereito de portabilidade, facilitaranse eses datos ao novo Responsable.
-
Lexitimación do tratamento
A base legal para o tratamento dos datos facilitados será (i) o consentimento outorgado polo Usuario para o tratamento dos seus datos persoais, para un ou varios fins específicos; (ii) a satisfacción dos intereses lexítimos de Afundación e; (iii) a execución dun contrato en que o Usuario é parte ou para a aplicación de medidas precontractuais. O consentimento será sempre revogable e poderá exercerse en calquera momento.
-
Destinatarios e cesións
Afundación non realizará cesións de datos, salvo as expresamente contempladas na lexislación vixente.