
Lanzamos o novo programa +60 Online para activarse desde a casa e estar en todo momento conectados cos demais. Dámosche ferramentas para soportar moito mellor as limitacións de mobilidade que poidas ter, a través de lecer e aprendizaxe do teu interese, cultura para unha mellor saúde física e mental, e poderes seguir en plena forma.
+60 Online está dirixido a persoas maiores de 55 anos que teñan interese ou a necesidade de desenvolveren as súas actividades favoritas directamente desde a casa. Porque sabemos que é importante manterse activos e conectados con outra xente.
Incluímos propostas con diversas temáticas e en diferentes canles, adaptadas ás preferencias e aos coñecementos informáticos de cada persoa, de xeito que se poida seguir calquera das actividades desde o propio móbil de forma simple e directa.
-
+60 online: Conversa en inglés
Se xa tes coñecementos de inglés e queres practicar conversando cun profesor nativo, porás en práctica as túas habilidades comunicativas cun grupo moi ameno e divertido.-
ONDE:
Google Classroom +60 -
Datas:
Do 22 de abril ao 1 de xullo de 2022 (24 de xuño non lectivo)
-
Horario:
Venres, de 10.30 a 12.00 horas
-
-
+60 online: Aprende a comunicarte en inglés básico
Se sempre quixeches aprender inglés ou o estudaches no seu día e queres refrescalo desde o nivel básico, aprenderás a manexarte neste idioma para podéreste comunicar, presentar, saudar, formular preguntas ou expresar os teus gustos.-
ONDE:
Google Classroom +60 -
Datas:
Do 21 de abril ao 23 de xuño de 2022
-
Horario:
Xoves, de 10.00 a 11.00 horas
-
-
+60 online: Aprende a comunicarte en francés básico
Se sempre quixeches aprender francés ou o estudaches no seu día e queres refrescalo desde o nivel básico, aprenderás a manexarte neste idioma para podéreste comunicar, presentar, saudar, formular preguntas ou expresar os teus gustos.-
ONDE:
Google Classroom +60 -
Datas:
Do 21 de abril ao 23 de xuño de 2022
-
Horario:
Xoves, de 12.00 a 13.00 horas
-
-
+60 online: Ciclo de Historia da Arte: "O obxecto retratado: mesmos temas, olladas poliédricas"
Neste ciclo exploraremos a arte desde unha perspectiva divulgativa, desde a experiencia dos artistas e a comprensión do seu tempo histórico-
ONDE:
Google Classroom +60 -
Datas:
Do 20 de abril ao 8 de xuño de 2022
-
Horario:
Mércores, de 18.00 a 19.00 horas
-
-
+60 online: Coñece e desfruta diferentes aplicacións para móbil e tableta. Avanzado
Se xa participaches nos cursos de móbiles e tabletas ou xa tes un manexo avanzado, continuaremos afondando no coñecemento de utilidades, aplicacións e contidos interesantes que podes atopar en Internet.-
ONDE:
Google Classroom +60 -
Datas:
Do 20 de abril ao 22 de xuño de 2022
-
Horario:
Mércores, de 10.00 a 11.00 horas
-
-
+60 online: Exprésate a través da fotografía dixital
Se queres mellorar as fotografías que tiras co móbil ou coa réflex e aprenderes a narrar historias, neste curso empregarás as técnicas da composición, o encadre, a iluminación e algunhas das técnicas dos principais fotógrafos da historia. Se xa participaches na anterior edición deste curso, continuaremos ampliando coñecementos sobre a fotografía, procesado e edición.-
ONDE:
Google Classroom +60 -
Datas:
Do 19 de abril ao 28 de xuño de 2022 (17 de maio non lectivo)
-
Horario:
Martes, de 11.00 a 12.00 horas
-
-
+60 online: Ciclo de apreciación musical. Historia da música clásica con audicións comentadas
Se che gusta a música, neste ciclo aprenderás a gozar da escoita dalgunhas das obras máis significativas da historia da música, destacando os aspectos máis importantes para unha maior comprensión, contextualizándoas historicamente coa estética do momento e cos aspectos biográficos dos seus autores que influíron na composición.-
ONDE:
Google Classroom +60 -
Datas:
Do 19 de abril ao 28 de xuño de 2022 (17 de maio non lectivo)
-
Horario:
Martes, de 17.00 a 19.00 horas
-
-
+60 online: Sácalle partido ao teu iPhone e ao teu iPad
Se tes un iPad ou un iPhone e queres sacarlle partido a todas as utilidades que che ofrece o seu sistema operativo, configuralo, sincronizar con outros dispositivos ou empregar as aplicacións gratuítas da Apple store, este curso é para ti.-
ONDE:
Google Classroom +60 -
Datas:
Do 19 de abril ao 28 de xuño de 2022 (17 de maio non lectivo)
-
Horario:
Martes, de 11.15 a 12.15 horas
-