Asóciate
Vantaxes
Se es maior de 55 anos, os nosos Espazos +60 ofrécenche numerosas actividades e servizos. Podes desenvolver nun mesmo espazo moitas e variadas habilidades, ademais de aportar as túas experiencias e coñecer a máis persoas. Ti escolles o que che interesa.
Estas son as actividades e servizos que tes ao teu alcance nos nosos centros:
- Coidado da saúde e prácticas saudables: Ioga, Pilates, Taichi, aeróbic, zumba, ximnasia natural e mental, relaxación, bailes de salón ou musicoterapia, ademais de servizos de podoloxía ou masaxe.
- Cultura: Club de lectura, teatro, música, artesanía, visitas culturais...
- Educación e coñecementoo: Idiomas, novas tecnoloxías, educación financeira...
- Participación comunitaria: Voluntariado e actividades interxeracionais a través do programa «O valor da experiencia».
- Lecer activo: Segundo a época do ano, cada un dos centros Afundación presenta ademais novos programas e planes de lecer en grupo, coma viaxes ou actividades conxuntas para persoas maiores e mozas.
Se tes interese en te asociares connosco, presenta a seguinte documentación nalgún dos Espazos +60 e teremos unha entrevista para coñecernos:
- Formulario para asociarse aos Espazos +60 cuberto e asinado.
- Copia do DNI ou NIE.
- Certificación da túa conta bancaria, que podes solicitar na túa oficina.
Ou se prefires envíanos este formulario e chamámoste.