Co obxectivo de poñer en valor o traballo de persoas destacadas polas súas achegas á investigación en educación en calquera dos seus niveis, dimensións ou modalidades convocamos o Premio Internacional de Investigación Educativa.
Poderán optar ao premio exclusivamente persoas físicas que non poderán presentarse a título individual, senón que deberán ser propostas por entidades ou organizacións. Este galardón créase en consonancia co carácter educativo de Afundación e a nosa vontade de impulsar a educación tamén como materia científica capaz de contribuír moi significativamente ao desenvolvemento das persoas e os pobos e co fomento do pensamento na práctica educativa en todos os seus niveis e modalidades, tanto formais como non formais.