O voluntariado de Afundación Obra Social ABANCA compoñémolo profesionais da nosa Fundación e de ABANCA, en activo ou na xubilación, así como familiares, amizades, persoas socias dos Espazos +60, persoas usuarias das nosas actividades, clientes e colaboradores, que entendemos o voluntariado como unha forma de expresar e canalizar, de forma altruísta e solidaria, o noso compromiso coa contorna, prestando unha axuda desinteresada a causas sociais, ambientais, así como ás comunidades locais nas que desenvolvemos a nosa actividade.
A solidariedade, a cooperación, o respecto, o traballo en equipo e o compromiso son valores que inspiran o noso programa, nacido en 2014.
Esperámoste:
Se aínda non te sumaches ao programa de voluntariado de Afundación Obra Social ABANCA, enche o formulario que
atoparás aquí.
Voluntariado corporativo
Afundación, como entidade de acción voluntaria rexistrada, programa actividades de voluntariado para profesionais de Afundación e de ABANCA que desexan compartir o seu tempo libre contribuíndo a unha causa maior.
O noso programa de voluntariado desenvólvese naqueles lugares onde temos presenza como entidade. É o camiño no que converxen os desexos dos cidadáns para deixar no mundo unha pegada positiva.
Voluntariado +60
Cos nosos proxectos de voluntariado interxeracional poderás contribuír ao diálogo coa mocidade, nenos e nenas, participando nos clubs de lectura en centros de secundaria. A través dos proxectos de voluntariado cultural e educativo poderás achegar os teus coñecementos a outras persoas maiores participando como formador/a ou guía de roteiros históricos, ou participar en actuacións dos nosos grupos artísticos de contacontos, teatro, monicreque ou musicais en beneficio de diferentes colectivos.