
O Espazo +60 de Pontevedra está situado no antigo Café Moderno, un edificio con decoración modernista que continúa a ser un referente da actividade social pontevedresa. Inauguramos este centro no ano 2000, despois de encargar a súa rehabilitación ao reputado arquitecto portugués Álvaro Siza, un espazo privilexiado en cuxas paredes podemos gozar de obras de Laxeiro, Carlos Sobrino, Monteserín ou Pintos Fonseca. Ademais, conta cun coidado xardín interior e dous ascensores.
Durante a pandemia aprendemos a importancia de coidármonos e coidar dos demais, de tecer relacións, superar os medos, pensar na vida que queremos vivir e aprender a adaptarnos á nova normalidade.
Por iso, propoñémosche un curso cheo de optimismo para acompañarte e recuperar a boa vida cunha nova ollada centrada no que de verdade importa.
● Consulta a programación de actividades presenciais do teu Espazo +60 e inscríbete cubrindo o formulario.
● Consulta a programación de actividades +60 ONLINE e inscríbete cubrindo o formulario.
Recupera a boa vida, volve ao Espazo +60!
Se queres saber máis, coñece a fondo o programa dos Espazos +60 no Boletín núm. 0, Boletín núm. 1
Características
Planta baixa
Cafetaría
Sala de conferencias
Xardín
Aseos
1ª planta
Dúas salas de exposicións
Aseos
2ª planta
Perrucaría
Gabinetes de traballo social e podoloxía
Sala de prensa e revistas
Dúas salas de usos múltiples
Ciberaula
Aseo
Servizos
SERVIZOS PRESTADOS POR DIFERENTES PROFESIONAIS EXTERNOS CON CITA PREVIA
Perrucaría: Luns a venres 10.00 a 13.30 y 16.00 a 20.30 h
Podoloxía: Martes 10.00 a 13.30 e 16.00 a 20.00 h
Traballo social: Luns a venres 10.00 a 13.00 e 16.00 a 20.00 h
Ademais, biblioteca, prensa e cafetaría durante o horario de apertura do centro e ciberaula para navegación gratuíta en horario de non impartición de actividades formativas.
Horarios
Luns a venres de 9.30 a 13.30 e 16.00 a 20.00 h
Pechado durante o mes de agosto, festivos, e os días 24 e 31 de decembro.
Localización
Ver mapa más grande
Asóciate
Máis información no 986 864 185 ou a través de correo-e
Contacto