• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Artistas
Ficha de autor

CASTRO COUSO

Castro Couso, Alberto

( Buenos Aires, Argentina, 12 de marzo de 1924 )

Biografía

Complexa e rica personalidade é a deste arxentino, descendente de galegos que realiza en Bos Aires e Vigo unha ampla obra de pintor, profesor, ensaísta e crítico de arte. Traballou en diversos lugares da Arxentina, sempre preto de ambientes galegos, onde difundiu as técnicas do gravado, sobre todo as da xilografía e as do linóleo. Publicou libros de narracións moi fermosas homenaxeando a figuras da cultura galega coma Rosalía de Castro, da que o retrato en linóleo está amplamente espallado. En España participou en numerosas mostras colectivas e, dende o taller "Abracadabra" que dirixe, fomentou a pintura en numerosas vocacións, moitas delas xa formadas. Está casado coa tamén pintora, Ana Martínez Pasarín. Está representado nos museos de Galicia. A pintura de Castro Couso identifícase co cubismo sinóptico e acusa claras influencias de Picasso, malia que o noso artista chegue sempre a modos propios de expresión. As superficies caracterízanse por teren unha coloración uniforme sobre debuxos con alarde de curvas e mais exercicios lineais moi rechamantes. As súas figuras ideais teñen relación coas concepcións do oco incorporado ó espacio, que espallou o xenial malagueño citado, así como o escultor Henry Moore. En Castro Couso sempre hai un debuxante seguro e un pintor cabal, en apariencia frío e, sen embargo, capaz de esperta-la emoción en espectadores sensibles e cultivados.

Bibliografía

CASTRO Couso, Galería Sagadelos, Barcelona, 1974.

PABLOS, F.: Plástica gallega, Caixavigo, Vigo, 1981

Obra

  • Los petrasiniestros

    Los petrasiniestros 1984

  • Mariscadora

    Mariscadora 1975

  • Macrocosmos

    Macrocosmos 1980

Ver todas as obras
  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2023© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2021
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    [email protected]
    986 12 00 84 / 986 12 00 78