• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Artistas
Ficha de autor

MANUEL COIA

Coia Franco, Manuel

( Hío, Cangas do Morrazo, Pontevedra, 17 de marzo de 1933 - Vigo, 5 de junio de 2017 )

Biografía

Apaixonante personalidade é a deste artista que posúe un concepto expresionista que o fai inconfundible. Nado nun ambiente mariñeiro, participou na vida do mar activamente e sabe da súa dureza e aventura cotiá en barcos de pesca en mares de todo o mundo. A súa formación é autodidacta. Quizais sentiu a escultura dende as formas caprichosas de raíces emerxidas nas praias de Nerga, lugar da súa residencia, ou tallando amorosamente, a punta de navalla, un anaco desprendido do casco dunha dorna. A madeira é a súa materia habitual. Concorreu a certames colectivos coma os da Praza da Princesa, en Vigo, onde empezou a ser coñecido, alá polos anos setenta. Realizou algunhas exposicións individuais en cidades de Galicia e fóra deste país. Residiu moito tempo en Brasil, onde tomou contacto con otras concepcións da arte. Por fin, volveu a Galicia para traballar en silencio e sorprendernos, periodicamente, con obras que son un berro, unha denuncia, case un panfleto. As esculturas de Coia son pura síntese, un feixe de nervios, unha imaxinaria lección de anatomía. É a súa propia concepción da forma despois de ter visto moito e rumiando coa súa intelixencia coma alucinada. Coia é vehemente, moi agudo, soñador de imposibles, bo, directo e sincero, como persoa e como escultor. De aí que ou se entusiasma ou se atopa perante a indiferencia. Está representado nos museos de Pontevedra e Vigo, así como en importantes coleccións particulares; a penas concorre a certames.

Bibliografía

-Pablos, Francisco: Plástica gallega. Vigo, Caixavigo, 1981. -Ilarri Gimeno, Angel: Catálogo do Museo de Castrelos. Vigo, Concello, 1978.

Obra

  • Gimnasta

    Gimnasta 1990

  • Hombre

    Hombre 1980

Ver todas as obras
  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2023© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2021
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    [email protected]
    986 12 00 84 / 986 12 00 78