• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Artistas
Ficha de autor

DALÍ

Dalí i Domènech, Salvador Felipe Jacinto

( Figueres, Girona, 11 de mayo 1904 - 23 de enero de 1989 )

Biografía

Interesado desde neno pola arte, Salvador Dalí converteríase nun dos máis coñecidos representantes da corrente surrealista e nun dos artistas máis destacados do século XX a nivel internacional. Formado en Belas Artes na madrileña Academia de San Fernando, axiña se internaría no ambiente da Residencia de Estudantes, onde establecería amizade con Luis Buñuel e Federico García Lorca e practicaría unha pintura onde o realismo e o cubismo serán os protagonistas. Cando en 1927 viaxa a París unirase ao movemento surrealista e comeza a súa actividade expositiva. Será nese período cando coñece a Gala, do que se fará inseparable, ao mesmo tempo que a súa proxección artística adquire relevancia internacional.

Seguidor do método paranoico-crítico, Dalí apostaba por afastarse da realidade física e internarse na mente a través da alucinación e do sono. Plasma nas súas creacións as súas fantasías oníricas, alusións eróticas e os seus desexos de maneira que dispón obxectos e seres reais en composicións con resultados irreais. Na segunda metade dos anos 30 trasládase aos Estados Unidos, onde participará en diversos proxectos como escritor e decorador. Deseña multitude de espazos e obxectos, incluso para o cine, ao tempo que prosegue coa súa exitosa carreira pictórica e escultórica.

Superadas a Guerra Civil española e a Segunda Guerra Mundial, Dalí regresará en 1948 a España, onde continuou traballando e levando unha vida repleta de excentricidades, da que facía gala en numerosos actos públicos. Cando faleceu en 1989 legou gran parte do seu patrimonio ao estado español; na súa localidade natal de Figueres hai un museo dedicado á súa singular figura, que se converteu nun dos máis visitados a nivel nacional e a Fundación Gala-Salvador Dalí encárgase de conservar e difundir o seu traballo por todo o mundo.

A participación das súas obras en exposicións a nivel internacional é unha constante desde que se iniciou neste ámbito a finais da década dos anos 20 e a súa obra consérvase nas máis destacadas coleccións como a do Museo Nacional Centro de Arte Raíña Sofía (Madrid), a do Salvador Dalí Museum de San Petersburg (Florida), a do MoMA de Nova York, a do Museo Thyssen (Madrid) ou a da Fundación Juan March de Palma de Mallorca, entre outros.

Moi influenciado polos clásicos históricos, tanto a nivel literario coma artístico, Dalí realizou as dúas xilografías tituladas Da divina comedia, pertencentes a esta colección, en 1960, que estaban destinadas ao libro editado por Joseph Foret en París. Nove anos antes xa realizara unha incursión nesta temática ao facer 102 acuarelas sobre A divina comedia que expuxo no Palazzo delle Prigoni Vecchie de Venecia. Nesta ocasión, o autor demostra a súa gran capacidade técnica, xa que Dalí destacaba pola súa precisión e mestría no debuxo e logra que as composicións, a pesar de estar realizadas coa técnica do gravado, parezan acuarelas. Nelas desprega a súa capacidade de plasmar o onírico a través da recreación de composicións fantásticas, nas que as figuras ou elementos antropomorfos sempre teñen o seu protagonismo. Outros clásicos da literatura ilustrados por este autor serían O Quixote, O Cantar dos cantares ou Os Cantos de Maldoror do conde de Lautrêmont.

Bibliografía

Enlace web Museos Salvador Dalí: https://www.salvador-dali.org/es/

Obra

  • (De La Divina Comedia)

    (De La Divina Comedia) 1960

  • (De La Divina Comedia)

    (De La Divina Comedia) 1960

Ver todas as obras
  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2023© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2021
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    [email protected]
    986 12 00 84 / 986 12 00 78