• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Artistas
Ficha de autor

SUSO FANDIÑO

Fandiño, Suso

( Santiago de Compostela, 1971 )

Biografía

De sólida formación académica, tanto humanística coma práctica, Suso Fandiño, nacido en Compostela en 1971, licenciouse na especialidade de Escultura na Facultade de Belas Artes de Pontevedra e na de Historia Moderna e Contemporánea da Arte na Facultade de Filosofía e Letras da Universidade de Santiago. Redactou a súa tese de doutoramento sobre “Do artista xerador de ocio: reformulación dos tipos de comportamento e dos modos de produción cultural. Modelos para un novo ámbito de acontecemento”, que defenderá na universidade viguesa. Participou en grupos de investigación en Vigo, Pontevedra e Porto. Actualmente, traballa como docente de artes plásticas en centros de ensino secundario.

Comezou a expoñer individualmente en 2007, en Vigo, e fíxoo en Murcia, Ferrol e Porto. Colectivamente, mostrou a súa obra en Vigo, Israel, China, Bulgaria e Compostela. Levouna tamén a diferentes cidades españolas e a case todas as de Galicia. Estivo presente en Novos Valores, de Pontevedra, en 1997 e 1999. Está representado no CEGAG de Santiago, na fundación Coca-Cola e en coleccións institucionais.

A pintura de Fandiño é abstractiva, neobarroca, con elementos ou referencias tradicionais que o artista elabora de novo para darlles unha nova imaxe, nunca concreta, aínda que si con aspectos táctiles e de detalle de primor, meramente simulado, combinando procedementos e pigmentos que manexa moi habilmente.

En aparencia escasamente vangardista é, á fin, un buscador de novas expresións que busca e atopa na tradición elementos de inspiración e acicate para a súa propia estética.

Bibliografía

Obra

  • SIN TÍTULO

    SIN TÍTULO 2006

Ver todas as obras
  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2023© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2021
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    [email protected]
    986 12 00 84 / 986 12 00 78