• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Artistas
Ficha de autor

ELOY HERNÁNDEZ CALZADA

Hernández Calzada, Eloy

( Valladolid, 1 de diciembre de 1897 - Vigo, 1 de octubre de 1974 )

Biografía

Se un galego ilustre do mesmo apelido asentou o seu taller en Valladolid, Gregorio Hernández, Eloy, co seu irmán Osmundo, decidiu establecerse en Vigo para facer internacional unha expresión plástica que elevou á categoría de arte o que con modestia cualificou sempre de artesanía.

Eloy Hernández Calzada naceu na cidade castelá o 1 de decembro de 1897 e impuxéronlle o nome do día, patrón da súa futura dedicación. Foi alumno da Escola de Artes e Oficios, baixo a dirección do escultor Monsó, e tivo compañeiros ilustres, como o pintor Anselmo Miguel Nieto, retratista de Valle Inclán,

O seu irmán Osmundo, catro anos maior ca el, obtivo unha bolsa en París pola Xunta para ampliación de estudos, e volverá cunha visión nova da arte. Ambos gañan un concurso para a Catedral de Burgos, onde viron o famoso frontal de Silos, que copiarán, mellorándoo, e fanse famosos. Decididos a abrirse horizontes, elixen Vigo como residencia e establécense na Porta do Sol, en 1922. Coñecen o escultor Asorey, que os anima a participar na Exposición Internacional de Philadelphia, en 1926. Gañan a primeira medalla de honra e o seu nome percorre o mundo. Tanto, que son nomeados fillos adoptivos de Vigo en 1927 e predilectos de Valladolid.

Concorren ás Exposicións Nacionais de Belas Artes e gañan a segunda medalla en 1932 e a primeira en 1934. Despois, conseguen o segundo gran premio en Madrid, en 1953, e a medalla de honra en Compostela, en 1971.

En 1926, estableceron o seu taller na rúa do Príncipe, onde continúan os Irmáns Hernández, secundados polos seus fillos Julián e Eloy e agora polo seu neto, Eloy. Inician o taller de esmaltes, expresión á que lle dan novidade e perfección exquisita, combinando a tradición co modernismo imperante neses anos de entreguerras. Eduardo Chicharro, directo xeral de Belas Artes, premia o xa famoso frontal de Silos, en 1933.

Todo acontecemento nacional de importancia signifícase con esmaltes dos Hernández, que chegan ao Museo de Castrelos e a outros moitos centros de arte. Forman a discípulos que se sente orgullosos de selo, como o vigués Ángel Marcuño.

Traballan esmaltes, acibeches, marfís, ourivería, cunha personalidade diferenciadora e unha arte propia, creativa. Osmundo faleceu en 1956 e Eloy prosegue a tarefa cos seus fillos. Catalogou o legado Policarpo Sanz e é patrón do Museo de Castrelos desde a súa fundación en 1937. A súa obra esténdese por todo o mundo e enxálzaa Juaristi, especialista en esmaltes.

A figura de Eloy Hernández, elevada, ampla a melena prateada, cordial e xesticulador, é emblemática en Vigo, onde falece o 1 de outubro de 1974 e o seu óbito é noticia nacional.

Bibliografía

JUARISTI, V.: Esmaltes, Edit. Labor, Barcelona, 1933.


 

Obra

  • CARNAVALADA

    CARNAVALADA 1960

Ver todas as obras
  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2026© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2024
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    [email protected]
    986 12 00 84 / 986 12 00 78