• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Artistas
Ficha de autor

FAUSTO DE LIMA

Lima, Fausto de

( Madrid, 1923 - Alcalá de Henares, Madrid, 1994 )

Biografía

De orixe galega, con familia enraizada en Vigo, alternou a pintura co periodismo, que exerceu na capital de España e mais en diversos lugares do mundo, como corresponsal viaxeiro. Instálase en Italia, onde se entrega por completo á pintura especializándose no retrato, que realiza de xeito moi persoal, con grande elegancia e fantasía cromática. Foron modelos seus figuras moi coñecidas da política, a arte e o cine italianos. Realizou numerosas exposicións en Roma e Florencia, cidades nas que reside habitualmente, e mais en Milán, París, ..., así como en Madrid, Barcelona, e Vigo, onde a súa única mostra na década dos setenta chamou poderosamente a atención pola súa fantasía colorista e o seu excelente debuxo. Está representado en diversos museos contemporáneos, así como en importantes coleccións. O museo de Vigo posúe unha obra súa, non excesivamente representativa. A pintura de Fausto de Lima encaixa nun posmodernismo con certas reminiscencias impresionistas. Adoita recorrer a temas propios do expresionismo hispanoamericano, aínda que sempre acuse unha tradición europea de longo coñecemento da pintura francesa e italiana.

Bibliografía

ILARI GIMENO, A.: Catálogo del pazo museo "Quiñones de León". Concello de Vigo, Vigo, 1978.

Obra

  • Guerrero

    Guerrero 1970

Ver todas as obras
  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2023© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2021
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    [email protected]
    986 12 00 84 / 986 12 00 78