• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Artistas
Ficha de autor

OTERO BESTEIRO

Otero Besteiro, Francisco

( O Corgo, Lugo, 3 de marzo de 1933 - Madrid, 21 de mayo de 1994 )

Biografía

Personalidade insólita, artista multifacético, criatura extravagante, e sen embargo, entrañable. É sobre todo, un escultor magnífico, irrepetible, con frecuencia xenial. Formouse na Escuela de San Fernando e pronto ocupou un lugar destacado na vida artística madrileña. Realizou a súa primeira exposición no daquela Museo de Arte Moderno, baixos da Biblioteca Nacional. Foi distinguido coa medalla da Bienal de Alejandría polos anos nos que triunfaba outra galega de orixe, tan distinta a el, Cristina Mallo. Con motivo do centenario de Caixavigo, en 1980, figurou a súa obra nas mostras sucesivas que abrangueron toda a arte galega, e a súa aportación constituíu a súa presentación en Galicia. Inmerso nunha bohemia elegante, deseñou xoias, que el mesmo exhibía, tecidos e mil cachivaches, e foi cultivando o seu persoal animalismo, de síntese de criaturas animadas que son exemplos creativos de excepción. A penas realizou exposicións, porque vivía rodeado da aristocracia, a alta burguesía e a intelectualidade española. O premio Nobel Camilo José Cela distinguiuno coa súa amizade e dedicoulle algunhas breves páxinas memorables. Adoita estar ausente das historias da arte ó uso, sinxelamente porque nunca se suxeitou a normas, nin precisou certames oficiais. O seu afán de notoriedade levouno a cultivar unha figura persoal inconfundible e en certo modo moi estrafalaria, xa que vestía con roupas orientalizantes e levaba encol dos seus ombreiros un simio, co que xogueteaba e asustaba á clientela habitual do Café de Gijón, cenáculo artístico madrileño ata os anos oitenta. Faleceu en Madrid e a noticia da súa morte chegou tanto ós ámbitos intelectuais como ós sociais frívolos das chamadas revistas do corazón. Otero Besteiro é un creador intuitivo e razoante do seu tempo, imbuído de maxias e esoterismos, capaz de sintetiza-la formas e de darlle á oquedade o valor de volume. As súas figuras, en xeral de pequeno formato, resultan inconfundibles. A súa materia preferida foi o bronce, e en múltiples lugares están expandidas moitas das súas mellores esculturas, como bufos, curuxas e outras aves nocturnas. Está representado no Museo de Arte Contemporáneo, nalgúns importantes de provincias e en coleccións institucionais, coma o Carlos Maside, de Sada, A Coruña.

Bibliografía

-Pablos, Francisco: Plástica Gallega. Vigo, Caixavigo, 1981. -Campoy, A. M.: Diccionario crítico del Arte español contemporáneo. Madrid, Ibérico Europea de Edic, 1973. -Gran Enciclopedia gallega. Gijón. S. Cañada, Edit, 1973 y ss.

Obra

  • Cabras

    Cabras 1970

  • Jabalí

    Jabalí 1964

  • Gato

    Gato 1970

Ver todas as obras
  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2023© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2021
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    [email protected]
    986 12 00 84 / 986 12 00 78