• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Artistas
Ficha de autor

PEDRO PÉREZ DE CASTRO

Pérez de Castro y Brito, Pedro

( Madrid, 20 de julio de 1823 - 31 de mayo de 1902 )

Biografía

Fillo dun diplomático, carreira que seguirá el mesmo, pasa a súa nenez e maila súa mocidade en Inglaterra, da cal o seu ambiente artístico, sobre todo a ampla gamma do acuarelismo británico, influirá considerablemente na súa futura obra plástica. A súa delicada saúde obrigarao a solicitar a miúdo permisos, o primeiro deles en 1846, para pasar unha tempada en España, cando xa está integrado na delegación española de Londres. Ese mesmo ano trasládase a Roma e axiña volve de novo a España. Contrae matrimonio e pasa longas temporadas en balnearios de Guipúzcoa e Granada. A partir de 1858 inicia a súa tarefa de litógrafo, como ilustrador de diferentes editoriais. En 1860 participa na Exposición Nacional de Belas Artes, na que obtén mención honorífica, que ha de repetir na edición de 1866. Segue alternando a creación artística coa carreira diplomática, que o leva a diferentes destinos, en tódolos que deixa reflexos no seu paisaxismo, sobre todo na acuarela. Xubilouse ó cumpri-los 60 anos, en 1888, e dende esa data ata a súa morte, o 30 de marzo de 1902, dedícase por enteiro á pintura. A arte de Pérez de Castro é eminentemente romántica, con claras influencias británicas, sobre todo de David Roberts, e do galego Jenaro Pérez Villaamil, do cal toma a súa escenografía como propia. Lugares espectaculares da natureza, castelos, recunchos pintorescos... son os seus temas preferidos. Realizou varios álbumes paisaxísticos e cultivou, con grande calidade, a litografía. No óleo está presente a súa técnica solta, de pincelada longa, baseada nun correcto e sólido debuxo, ás veces en exceso minucioso. Media Europa queda testemuñada no seu traballo plástico, posto que abordou a paisaxe de cantos lugares coñeceu nas súas misións diplomáticas. Consérvase obra súa en diversos museos nacionais e, en especial,no de Belas Artes da Coruña, que lle dedicou en 1992 unha monumental exposición retrospectiva.

Bibliografía

-Pérez de Castro, Pedro: Catálogo. A Coruña, 1992. -Pantorba, Bernandino de: Historia y crítica de las Exposiciones Nacionales de Bellas Artes. Madrid, 1980.

Obra

  • Iglesia Gótica

    Iglesia Gótica 1862

  • Paisaje

    Paisaje 1871

  • Paisaje

    Paisaje 1860

Ver todas as obras
  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2023© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2021
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    [email protected]
    986 12 00 84 / 986 12 00 78