TONY RIVAS
Rivas Guisado, Antonio
( Santiago de Compostela, 1932 )
Biografía
Romántico, apaixonado, pintor, poeta, creador de mundos imaxinarios pola gracia dun sentimiento, dunha verba lírica e evocadora, como a súa pintura. Viaxeiro impenitente, é coma un Guadiana que de súpeto aparece en París ou en Vigo, para non saber del durante moito tempo. Aquí e alá, as súas exposicións individuais, en calquera cidade de Galicia de España. Sen traxectoria fixa. Pola contra, con temporadas de traballo intenso, case febril, e outras de deliberda ou inevitable estiaxe. Hai en Toni Rivas moito máis talento ca obra valorable, quizais porque el mesmo sente co importante é vivir e que a obra sea unha pegada, un testemuño evocador desa actitude vital. Artista moito menos coñecido do que merece, máis popular pola súa persoa, de apariencia física peculiar, que pola súa pintura, é un figurativo moi libre, fácil debuxante, apaixonado pola figura humana, sobre todo a feminina, e por interpretar sentimentos desde faces imaxinadas. Hai dramatismo na súa obra, aínda que ó fin sempre a envolva o seu insobornable temperamento lírico apreciable en traballos coma o seu libro de poemas "Con mirada penetrante", quizais a mellor definición para a súa plástica.
Bibliografía
Pablos, Francisco: Plástica gallega. Vigo, Caixavigo, 1981.
Rivas, Tony: Con mirada penetrante. Ourense, 1972.