RAMÓN RODRÍGUEZ VICENTE
Rodríguez Vicente, Ramón
( Vigo, 1933 )
Biografía
Técnico nunha industria de automóbiles, a súa vocación insobornable pola arte maniféstase moi cedo, concorrendo a certames colectivos. Realizou exposicións individuais nas principais cidades de Galicia e mais en Madrid; tamén concorreu ás bienais de Pontevedra. Está representado no Museo de Castrelos e en coleccións particulares. Rodríguez Vicente é fundamentalmente un paisaxista. Gústanlle os espacios amplos, que interpreta con grande liberdade e unha indubidable emoción. A súa pincelada de materia delgada constrúe moi ben os ambientes. Nos seus comezos seguiu os modos do mestre Antonio Quesada, por quen sen dúbida sentiu unha grande admiración. Con modos postimpresionistas sempre é correcto e, a miúdo, un excelente pintor.
Bibliografía
-Pablos, Francisco: Plástica gallega. Vigo, Caixavigo, 1981.