• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Artistas
Ficha de autor

XOSÉ GUILLERMO

SOBRINO MOSTEYRÍN, JOSÉ GUILLERMO

( Carballo, A Coruña, 1947 - Vigo, 2009 )

Biografía

Autodidacta, empezou a pintar e expoñer moi novo. Participou en certames xuvenís e foi becado pola Deputación de Pontevedra para estudar belas artes. Realizou numerosas exposicións dentro e fóra de España e participou en multitude de actividades de carácter político e benéfico que o levaron a percorrer medio mundo coa súa arte.  Desarrollou durante máis de vinte anos a súa actividade dentro da Fundación "Fundición Nautilus", con sedes en Vigo e Granada, dnde aunaron disciplinas artísticas diversas nun espazo de creación e libertade. Na ano 2006 realiza a súa derradeira exposición "Danza nos tempos" na Casa das Artes de Vigo. Tamém dedicouse á ilustación editorial, colaborou con Edicións Xerais de Galicia durante a primeira etapa da editorial, diseñou o primer logotipo de Xerais e diseñou as cubertas das publicacións desta editorial ata 1984. 
Destaca a obra póstuma Cabalos de vento. Curros de pedra (Editorial Xerais, 2009, Vigo) onde os seus debuxos e textos acompañan as fotografías de Javier Teniente. É un bo debuxante e un artista excelente. O seu modo solto, un tanto barroquizado, ten, ás veces, influencia dos muralistas mexicanos. Adoita "argumentar" a súa pintura cunha carga ideolóxica. Colorista intenso, enérxico, aproveita os modos do surrealismo aínda que sen entrar de cheo no onírico. A súa obra figura en diferentes coleccións institucionais e particulares.
Na cidade de Vigo aínda se pode desfrutar das súas instalacións permanentes Hypocampus 97, na facultade de Ciencias do Mar, e Mar y Arte 06, no CEIP Ría de Vigo.

Bibliografía

ARTISTAS Gallegos pintores. Figuraciones, abstracciones. Nova Galicia Edicións, Vigo, 2002.

COLECCIÓN Caixavigo: pintura, escultura, dibujo. Caixanova, Vigo, 1995.

COSTAS GOBERNA, J.: «In Memoriam: Xosé Guillermo Sobrino Mosteirín: Vigo se queda sin un artista genial» en Glaucopis. Boletín do Instituto de Estudios Vigueses. Instituto de Estudios Vigueses - Fundación Provigo, Vigo, 2009. 

EXPOSICIÓN de Xosé Guillermo. Caja de Ahorros Provincial de Pontevedra, Sala de Arte : del 29 de septiembre al 10 de octubre. s.n., Pontevedra, 1977.

OS PENSIONADOS da Deputación de Pontevedra [1940-1969]. Deputación de Pontevedra, Vigo, 2003.

TENIENTE, J. e GUILLERMO, X: Cabalos de vento. Curros de pedra. Editorial Xerais, Vigo, 2009.

VIGO preamar, Xosé Guillermo, Cíes.gal. Cultura e natureza atlántica, Vigo, 2012: [https://www.youtube.com/watch?v=7bKTl1Qn6LA]

XOSÉ Guillermo. Dirección Xeral de Cultura, Santiago de Compostela - Concello de Vigo, Concellería de Cultura, Vigo, 1989.

XOSÉ Guillermo. Galicia 89. s.n., A Coruña, 1989.

XOSÉ Guillermo. Exposición antolóxica. Cíes.gal. Cultura e natureza atlántica, Vigo, 2008: [https://cies.gal/xose-guillermo-exposicion-antoloxica-2008/]

Enlace blog del artista: http://xoseguillermo.blogspot.com/

Obra

  • Astilleros

    Astilleros 1976

Ver todas as obras
  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2023© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2021
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    [email protected]
    986 12 00 84 / 986 12 00 78