Comentarios
Unha pequena figura humana de cor negra avanza airosa sobre un fondo homoxéneo de cor alaranxada. Entre a silueta, plana, de trazado espontáneo, e o vacío establécese unha dialéctica que nos remite a arte primitiva, exaltando a forza espiritual da figuriña para apreixa-lo espacio no que irrompe con violencia.