Comentarios
Utiliza unha linguaxe na que contan as ideas e as emocións. As formas xorden do debuxo, en relevo, creando tensións entre figuras regulares e outras de aparencia orgánica que provocan forzas distintas, unhas de atracción centrípeta e outras de expansión no espacio coa sutileza e harmonía do gris e do branco. A obra pertence a un proxecto no que actualmente está traballando o artista.