Dos bocetos de El bajista
- INV:
- 2437
- Año de creación:
- 1996
- Dimensiones:
- 22 x 28 x 0
- Técnica:
- Grafitos de cores e verniz/papel
Comentarios
A través dos bosquexos seguímo-lo proceso de creación de “El bajista”. A mesma afección que atraeu ó escultor cara á esa sensibilidade da escultura é a que vemos nos debuxos que buscan os volumes e o espacio nunha superficie plana que a taumaturxia do artista converterá nun conxunto tridimensional. A obra nace dun pensamento aínda non definido, da necesidade de buscar significados, de facerse preguntas, como se non soubera o que vai saír porque se xa o soubese perdería a obra toda a súa fascinación. A través dos bosquexos vemos cómo se vai xestando a escultura, son, como as súas reflexións íntimas, as que nos axudan a descubri-lo desenvolvemento das súas ideas.Exposiciones
"El dibujo en el S.XX", do 19 de xaneiro ó 13 de febreiro de 2000 no Centro Cultural Caixanova en Vigo, do 16 de febreiro ó 19 de marzo de 2000 na Casa da Cultura de Vilagarcía, do 22 de marzo ó 30 de abril de 2000 no Museo Provincial de Lugo, do 5 ó 28 de maio de 2000 no Hospital da Caridade de Ferrol, e do 7 de xuño ó 2 de xullo de 2000 na Aula de Cultura Caixanova de Ourense.
"Colección Caixanova. Unha visión da arte contemporánea galega". Centro Torrente Ballester. Ferrol. Do 21 de marzo ao 18 de abril de 2002. Pazo da Cultura. Pontevedra. Do 3 de outubro ao 30 de novembro de 2002.