Comentarios
A obra ten a forza da orixinalidade de Leiro. Os trazos delatan os seus xestos máis representativos. A atención concéntrase na figura do home nun ambiente creado con manchas vermellas, rosadas e ocres, que respiran polos espacios brancos que alixeiran o conxunto. Das manchas, a cor e as formas xorde unha composición que transmite sensacións máis fortes cás que poderían xurdir dunha descrición ou dun apuntamento minucioso. Todo nace con frescura e espontaneidade, como algo que está en proceso de xermolación que se podería quedar aí ou acabar nunha obra doutras características. Ó dorso deste debuxo hai construído con xestos espontáneos, intuitivos, probas de cores, signos, formas e unha palabra: "PAPÁ".