A noiva "Divali"
Comentarios
A poética de José Freixanes transita entre a figuración e a abstracción, onde o representado ten unha gran relación co seu eu persoal, as súas experiencias, as súas viaxes á India e a súa vida.
Unha enorme silueta de muller, vestida de vermello, sobresae nun espacio onde predomina a pureza, o sentido simbólico da cor branca. Á súa esquerda, media cabeza e dous ollos dunha intensa mirada, como fragmentos do mesmo relato, comparten o espacio da obra pero non interfiren no tema principal.
A tea, de considerable tamaño, provoca ó espectador, inquiétao ó presentar a noiva hindú levemente insinuada, como oculta por un veo de encaixe. A extraordinaria meticulosidade e detallismo da técnica do artista conseguen que o lenzo pareza unha enorme filigrana texturada e con relevo, unha transparencia que acentúa a sensación de misterio da figura, converténdoa nun ser ausente e enigmático, a salvo da curiosidade de todas as miradas.
EXPOSICIÓNS:
"ARCO 2001". Do 9 ó 15 de febreiro de 2001. Galería Trinta. Palacio de Exposicións Juan Carlos I. Madrid.
Exposiciones
"1984-2004.Vinte anos de creación artística en Galicia na Colección Caixanova". Do 26 de febreiro ao 28 de marzo 2004. Centro Cultural Caixanova. Vigo.
"Colección Caixanova. Unha visión da arte contemporánea galega". Centro Torrente Ballester. Ferrol. Do 21 de marzo ao 18 de abril de 2002. Auditorio de Galicia. Santiago de Compostela. Do 26 de abril ao 28 de xullo de 2002. Pazo da Cultura. Pontevedra. Do 3 de outubro ao 30 de novembro de 2002.