HÁXMYLAR (EM PRETO IV)

- INV:
- 2538
- Año de creación:
- 2000
- Dimensiones:
- 120 x 180 x 0
- Técnica:
- Técnica mixta sobre tea
Comentarios
A cor é fundamental na obra, onde a forza plástica se limita ás liñas envolventes que deixan a súa estela sobre o negro profundo do fondo. A depuración da proposta ó empregar as non cores, o branco e o negro, vese interrompida polo impacto visual do vermello, entendido como unha mancha que enriquece e carga de enerxía a composición.
Ó igual que o Miró da serie Azul, o lenzo está poboado por liñas e puntos dunha gran simplicidade, pero cheos de coherencia e de sentido, que invitan a seres interpretados, a seres escoitados como nunha composición musical.
O gran resultado estético e plástico da obra conséguese a partir da aparente espontaneidade do trazo, desa caligrafía incerta e insegura que parece deseñada pola man dun neno.