Subida ó estudio

- INV:
- 2546
- Año de creación:
- 1930
- Dimensiones:
- 25 x 19 x 0
- Técnica:
- Acuarela sobre papel
Comentarios
A obra representa o rechán das escaleias que levan ó estudio do artista.A representación do estudio é un tema moi do gusto dos creadores clásicos que pretendían defender o valor e a nobreza da pintura e, por ende, a dignidade do artista aínda que, neste caso, Seijo Rubio se permite a licencia de introducir unha variante e representa-la subida ó estudio porque é un espacio máis decorado, máis amoblado, o que lle permite xogar coa corporeidade dos obxectos, coidando os detalles, rexeitando a pincelada máis solta e impresionista propia das súas paisaxes.
O autor, excelente ilustrador, realizou unha obra con mimo e minuciosidade, deixando traslucir ese gusto polo descritivo, propio da pintura decorativa e ornamental. Podemos adiviñar o fino trazo do lapis escondido baixo as cores seleccionadas dentro dunha mesma gama de tons terra, castaños, amarelos e ocres, o que lle confire unha grande harmonía á composición.