• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Obras
Obras
Busca por...

Obra

Artista

Técnica

Palabra clave

Inventario

Por año

Un día en Penencia

JORGE LLORCA

Un día en Penencia
INV:
2552
Año de creación:
1998
Dimensiones:
122 x 162 x 0
Técnica:
Óleo e grafito sobre táboa

Comentarios

A idea sobre a que se constrúe a obra é, como sinala o seu autor, a de volver á orixe, á xénese, ó principio.

Sobre un fondo de suaves tons amarelos e azuis o autor dispón unha flor e un pequeno bodegón, que parecen flotar nun espacio imaxinado, en "unha praia aínda sen pisadas". A composición, limpa e sinxela, xoga coa dualidade de imaxes e de sensacións.

A horizontalidade da paisaxe mariña de fondo rómpese coa forte verticalidade do talo, situado en primeiro plano, facendo evidente o contraste cromático entre a flor, de gran naturalismo, e o sobrio bodegón -con marmelos, millo, allos..., realizado en grafito.

A luz adquire protagonismo nunha composición austera e silenciosa, onde se practica un debuxo coidadoso con fondos dominados pola presencia de veladuras, que lles confiren ós tons transparencia e delicadeza.

A sensación final é a dunha obra atemporal, de profunda harmonía e equilibrio, un instante captado e "conxelado na memoria".



EXPOSICIÓNS:

"Exposición Jorge Llorca". Do 3 ó 23 de febreiro de 1999. Casa de Galicia, Madrid.

"Exposición colectiva". Do 30 de xuño ó 12 de setembro de 2000. Galería Clérigos, Lugo.



REPRODUCCIÓNS:

"Pinturas. Jorge Llorca". Casa de Galicia. Xunta de Galicia. Pontevedra, 1999, s.p.

Bibliografía

 

Exposiciones

"Colección Caixanova. Unha visión da arte contemporánea galega". Centro Torrente Ballester. Ferrol. Do 21 de marzo ao 18 de abril de 2002. Pazo da Cultura. Pontevedra. Do 3 de outubro ao 30 de novembro de 2002.

"Jorge LLorca. 1995-2004". Centro Cultural Torrente Ballester. Ferrol. Do 12 de marzo ao 31 de abril de 2004.


 

Reproducciones

"Jorge Llorca. 1995-2003".Catálogo. Exposición no  Centro Cultural Torrente Ballester. Ferrol, marzo-abril 2004.

  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2023© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2021
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    [email protected]
    986 12 00 84 / 986 12 00 78