Serviola

- INV:
- 2558
- Año de creación:
- 1998
- Dimensiones:
- 147 x 196 x 0
- Técnica:
- Técnica mixta sobre lenzo
Comentarios
Como en toda a súa serie Memorias del arponero, dedicada ó mundo e ós homes do mar, na obra descóbrese a figura do vello mariñeiro outeando o horizonte, pescudando, ó lonxe, o perfil dun veleiro.O home sentado que mira silenciosamente ó mar está convertido nunha silueta negra e plana cunha superficie que semella estar traballada con patrón, que contrasta co agromado delicados do resto da obra.
A tea, realizada nunha austeridade cromática, con negros e terras, confía na axuda de materiais coma a area, que lle outorgan textura e cor, rememorando, ó mesmo tempo, un mundo mariño e salgado. A cor é un elemento esencial nunha composición onde todo os tons se manteñen dentro dos límites da sobriedade, só o veleiro, na distancia, pode permitirse a cor vermella, a cor do desexo.
En palabra, de Javier Seoane, a figura silenciosa podería ser o propio Cabanas, "contemplando pasar ese mundo da vida e do tránsito, da aventura e da viaxe, con romanticismo, melancolía e serenidade".
EXPOSICIÓNS:
"Jaime Cabanas". Do 11 de maio ó 2 de xuño de 2001. Palacio Municipal de Exposicións Kiosko Alfonso, A Coruña.
REPRODUCCIÓNS:
"Jaime Cabanas". Palacio Municipal de Exposicións Kiosko Alfonso. A Coruña, 2001, páx. 90.
Exposiciones
"Colección Caixanova. Unha visión da arte contemporánea galega". Centro Torrente Ballester. Ferrol. Do 21 de marzo ao 18 de abril de 2002. Pazo da Cultura. Pontevedra. Do 3 de outubro ao 30 de novembro de 2002.