• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Obras
Obras
Busca por...

Obra

Artista

Técnica

Palabra clave

Inventario

Por año

Astillero

JOSÉ SOLLA

Astillero
INV:
2568
Año de creación:
1975
Dimensiones:
65 x 70 x 0
Técnica:
Óleo sobre lenzo

Comentarios

A mirada xeometrizante do autor traduce a luminosidade do Porto del Mar de Plata nunha obra pertencente á súa Serie Branca, onde a luz, espesa e tanxible, se fai materia. O peso da paisaxe concéntrase no primeiro plano, onde o autor sitúa a aglomeración das pequenas casas, deixando que a tea respire, regalánndolle o resto do cadro á atmosfera, que se expande nunha composición presidida pola presencia dun horizonte curvo. A achega do autor consiste na concepción neocubista da paisaxe. As casas son coma cubos e conos igual cás embarcacións, que describen formas triangulares. Todo se entende a partir da xeometría, que somete a obra ó dictado e á orde do debuxo. As cores esenciais son suaves e cálidas, con predominio de marelos e laranxas, que acentúan máis a súa calidez en contraste cos azuis e grises. A pincelada liviá, cun acabado perfecto, é máis pastosa e densa na atmosfera, resolvendo a arquitectura e os barcos atracados no peirao con impresións lixeiras que descobren a trama do lenzo e gozan da gustosidade da tea. EXPOSICIÓNS: "José Solla". Do 3 de agosto ó 2 de setembro de 2001. Museo Manuel Torres de Marín, Marín "José Solla". Do 5 ó 30 de setembro de 2001. Sala de Exposicións Caixanova, Pontevedra. "José Solla". Do 4 ó 21 de outubro de 2001. Aula de Cultura Caixanova, Ourense. "José Solla". Do 2 de outubro ó 18 de novembro de 2001. Aula de Cultura Caixanova, A Estrada. REPRODUCCIÓNS: "José Solla. Mitos e realidades". Caixanova, Pontevedra, 2001, páx. 19.

  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2023© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2021
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    coleccion@afundacion.org
    986 12 00 84 / 986 12 00 78