• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Obras
Obras
Busca por...

Obra

Artista

Técnica

Palabra clave

Inventario

Por año

ESCENARIO

JOSÉ MOSQUERA

ESCENARIO
INV:
2589
Año de creación:
1995
Dimensiones:
142 x 111 x 0
Técnica:
Óleo sobre lenzo

Comentarios

Dúas siluetas, un home e unha muller, ocupan o silencio dun escenario. As figuras están lixeiramente intuídas, non son tanxibles, redúcense a simples liñas que deixan traspasar o baleiro.

Os corpos preséntanse enlazados, unidos, sobre un fondo marelo-verdoso plasmado cunha pincelada varrida que non é capaz de ocultar a trama do lenzo e acentúa a atmosfera envolvente e misteriosa da obra.

Os dous tons, marelo e verde, combínanse para captar a luz esmorecida e suxeriren o ambiente percibido dende dentro do escenario, presentindo a penumbra e quizais o medo dos actores ante a escena, o esforzo que implica deixar atrás o seu verdadeiro eu para volverse transparentes e converterse en narración, en historia.

  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2023© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2021
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    coleccion@afundacion.org
    986 12 00 84 / 986 12 00 78