• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Obras
Obras
Busca por...

Obra

Artista

Técnica

Palabra clave

Inventario

Por año

Bodegón

ALEJANDRO GONZÁLEZ PASCUAL

Bodegón
INV:
2606
Año de creación:
1989
Dimensiones:
60 x 77 x 0
Técnica:
Óleo sobre táboa

Comentarios

A harmonía cromática é a verdadeira protagonista da obra onde a natureza morta se retrata cunha absoluta delicadeza e o tempo cunha visión case científica, explorando nas posibilidades dos obxectos, as súas calidades, o seus volumes, as súas texturas...

O bodegón presenta seis recipientes de cerámica de diferentes tamaños e grosores, algún deles con detalles decorativos. Os cacharros sitúanse sobre unha mesa cuberta cun mantel disposto artificiosamente, cuns pregos que permiten realizar un estudio de luces e sombras.

As tonalidades móvense en torno ó marrón claro, terras e grises, e con eles realiza toda a composición - exceptuando os motivos en azul e vermello que decoran algunhas pezas-. Neste senso, é interesante a presentación do fondo, case neutro e invisible xa que incide nos mesmos tons, tendendo toda a tea cara á monocromía. Esto indica que a peza pertence á súa última etapa creativa, na que os fondos se aclaran e amosa o interese por unha luz máis suave e esvaída, que dulcifica os espacios. A pincelada liviá, imperceptible, aumenta a sensación de obra aveludada, describindo a dirección da luz que penetra pola esquerda.

No seu preciosismo, o autor é capaz de captar a natureza porosa do barro, o volume redondeado dos obxectos, o aspecto mate, sen brillo, da superficie sen vernizar e, incluso, mediante toques impresionistas debuxa os motivos que decoran os cacharros ou define as flores, case transparentes, que deixan respirar o fondo.

Observando o resultado do bodegón compréndese o milagre do autor, ó extraer, duns obxectos simples e cotiáns, dun momento perecedoiro, unha obra elegante e poética.

Exposiciones

"Alejandro González Pascual". Do 21 de maio ao 22 de xuño de 1997. Palacio de Exposicións. Kiosco Alfonso da Coruña, A Coruña.

Reproducciones

"Alejandro González Pascual". Concello da Coruña, A Coruña, 1997, páx. 90.
  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2023© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2021
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    coleccion@afundacion.org
    986 12 00 84 / 986 12 00 78