• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Obras
Obras
Busca por...

Obra

Artista

Técnica

Palabra clave

Inventario

Por año

EL ÉXTASIS DEL DESCANSO-LA DANZA

CARLOS MAÑO

EL ÉXTASIS DEL DESCANSO-LA DANZA
INV:
2680
Año de creación:
2002
Dimensiones:
177 x 150 x 0
Técnica:
Técnica mixta sobre papel/lenzo

Comentarios

O título parece pechar unha mensaxe oculta, funciona coma recurso que esperta a inmediata curiosidade do espectador obrigándoo a reflexionar sobre a oposición bailarín-danza-movemento fronte a espectador-mirada-quietude.

A peza estructúrase horizontalmente en dous espacios claramente diferenciados nos que as imaxes funcionan coma metáforas da acción –estatismo. A zona superior, coa figura do gran bailarín, delimita un ámbito masculino fronte ó nivel inferior no que as esveltas bailarinas inundan o aire de feminidade. En ámbolos dous escenarios exáltase o dinamismo e, á súa vez, son violentados, fragmentados por recadros que se insiren alterando o senso orixinal das escenas, introducindo novos códigos de lectura como os sillóns, símbolos do descanso e da observación que, ó igual que nas obras de Hamilton, son empregados para reforzar o sentido de status doméstico.

A valoración do cromatismo é fundamental nunha obra expresiva onde as cores planas e puras actúan sen pudor sobre os iconos artificiais, reproducidos como monotipos. O predominio das tonalidades cálidas, o morado e o laranxa, cede fronte ós fríos, os azuis e os verdes da sección inferior, na que a pincelada se fai máis visible, máis xestual, adoptando ritmos circulares que enlazan con certa tendencia ó informalismo.

A forte influencia da estética pop é evidente pero insístese nunha aposta por un traballo persoal, cheo de significado que presenta cuestións e temas tomados do cotián, da vida diaria sen rexeitar o profundo sentido poético.

Exposiciones

“Carlos Maño”. Xullo de 2002. Galería Alameda, Vigo.

"25 años de arte. 25 años de empresa.Arte gallego para un aniversario". Sede da Confederación de Empresarios da Provincia de Pontevedra. Vigo. Do 29 de outubro ao 27 de novembro de 2002.

  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2023© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2021
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    coleccion@afundacion.org
    986 12 00 84 / 986 12 00 78