• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Obras
Obras
Busca por...

Obra

Artista

Técnica

Palabra clave

Inventario

Por año

PAISAJE

LAGO RIVERA

PAISAJE
INV:
2716
Año de creación:
1962
Dimensiones:
95 x 119 x 0
Técnica:
Óleo sobre lenzo

Comentarios

A natureza fora sempre a inspiración, a orixe de toda arte, tamén da abstracción concibida na síntese de signos e cores que se converte, neste caso, no enlace, na ponte que conduce o artista a reencontrase coa imaxe.

A comezos dos anos sesenta, Lago Rivera, un dos protagonistas da renovación do panorama artístico español dos cincuenta, abandona a súa paixón polo non figurativo para acaricia-la paisaxe iniciando o que será o máis persoal e definitorio da súa poética.

A beleza deste escenario vago e vaporoso, que se derrete ante a mirada cambiando case de estado físico nunha reveladora sublimación das súas formas, desvela todo o encanto do impreciso, as posibilidades líricas do non concreto.

As tonalidades ocres, marróns, rosadas e pardas adquiren personalidade propia e enriquecen a aparente banalidade do tema describindo unha atmosfera algodonosa, chea de matices, de ladeiras suaves e redondeadas na que apenas se distingue a masa arbórea. A pincelada extensa, empastada, descorre pola tea sen crear grumos nin relevo, esvarando polo lenzo basto en capas insistidas e sucesivas que contribúen a xerar unha imprimación borrosa, a manter ese difícil equilibrio entre concreción e suxestión entre realidade e soños.

Exposiciones

Exposición "Espazo Colección Caixanova", no Centro Social Caixanova Vigo, dende o 22 de novembro de 2006.
  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2023© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2021
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    coleccion@afundacion.org
    986 12 00 84 / 986 12 00 78