• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Obras
Obras
Busca por...

Obra

Artista

Técnica

Palabra clave

Inventario

Por año

CONTRABANDISTAS PASANDO LA FRONTERA

EUGENIO GRANELL

CONTRABANDISTAS PASANDO LA FRONTERA
INV:
2721
Dimensiones:
38 x 45 x 0
Técnica:
Óleo sobre lenzo

Comentarios

Eugenio Granell era un artista auténtico; músico, novelista e enteiramente pintor. Cargado cuns comprometidos ideais políticos, viuse obrigado a abandonar España; recaeu primeiro en Guatemala e logo en Porto Rico, onde se enchoupa desa arte popular indíxena americana que caracteriza dende entón as súas obras.

Esta obra, concretamente, está inundada polo exotismo que define os seus traballos. A composición organízase nunha escena con seis personaxes, seis figuras con formas irregulares e surrealistas, sobre un fondo verde intenso. No ceo, as nubes créanse a partir de trazos grosos e ondulantes e, no chan, a terra parece tremer baixo os pés dos personaxes.

Destaca por riba de todo como auténtico protagonista da obra o exultante cromatismo, un emprego intenso da cor, sempre con base en tons vivos. Un cromatismo de amarelos, laranxas, azuis e vermellos, delimitado entre liñas negras que forman as siluetas.

Como corresponde a esta época do autor, utiliza os títulos das súas obras como un aceno máis ao surrealismo, un xogo que apenas ten que ver co verdadeiro tema da obra, pero que contribúe a resaltar a poética da súa obra.

Exposiciones

"Laxeiro e amigos na Colección Caixanova". Museo Ramón María Aller de Lalín, do 8 de febreiro ao 9 de marzo de 2008.

"Colección Caixanova. Pinceladas Galegas" Círculo de las Artes. Lugo. Do 25 de abril ao 23 de maio de 2008

  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2026© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2024
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    [email protected]
    986 12 00 84 / 986 12 00 78