Sin Título

- INV:
- 2793
- Año de creación:
- 2002
- Dimensiones:
- 40 x 33 x 0
- Técnica:
- Mixta / papel
Comentarios
Esta obra do artista Camilo Otero, un dos artistas galegos máis relevantes do século XX, destaca pola súa personalidade no debuxo e forza expresiva.Unha composición na que se aprecia un estilo neofigurativo que se caracteriza pola presenza dunha figura humana illada que se fonde co espazo. O fondo enténdese como unha prolongación da muller.
Un debuxo cheo de trazos no que se distingue un cromatismo intenso, que xoga cos claroscuros, reforzado polos vermellos e amarelos.
Destaca o rostro do home situado sobre a cabeza da muller. Unha muller que expresa sentimentos de dor ou angustia debidos a unha perda. O seu rostro, a copa na man e un corazón que envolve a cabeza do home dan a entender a súa soidade, a súa situación de abandono.