• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Obras
Obras
Busca por...

Obra

Artista

Técnica

Palabra clave

Inventario

Por año

SANTA MARÍA Y CAMPILLO

CABALLERO

SANTA MARÍA Y CAMPILLO
INV:
3322
Año de creación:
1972
Dimensiones:
130 x 195 x 0
Técnica:
Óleo sobre lenzo

Comentarios

A fachada renacentista da basílica de Santa María eríxese en emblema para amosar a beleza e nobreza do casco histórico da cidade de Pontevedra.

A panorámica da urbe disponse graduada. A igrexa, coa súa portada e o seu campanario domina a composición, tanto en altura como en localización, obrigando a reordenar o resto de elementos no espazo a partir do destacado núcleo central. O burgo, coas casas apiñadas, amontoadas, rodeadas de rúas estreitas, conserva aínda exemplos da arquitectura tradicional, vivendas con soportais e casas de patín, típicas da zona costeira.

O cromatismo triste amosa unha clara preferencia polas tonalidades tostadas. Os ocres, os verdes e, sobre todo o branco, transmiten unha gran saudade, reforzada por unha pincelada empastada e grumosa que xera texturas e capta, case con desgana, o bravío do granito encalado das casas mariñeiras. A luz réndese á presenza monumental do edificio creando un aura ó seu arredor, outorgándolle o don de repregar as celaxes e de atrasar a inevitable ameaza dun ceo tormentoso.
  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2023© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2021
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    coleccion@afundacion.org
    986 12 00 84 / 986 12 00 78