• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Obras
Obras
Busca por...

Obra

Artista

Técnica

Palabra clave

Inventario

Por año

IGLESIA BLANCA

CABALLERO

IGLESIA BLANCA
INV:
3324
Año de creación:
1972
Dimensiones:
80 x 100 x 0
Técnica:
Óleo sobre lenzo

Comentarios

A arquitectura, o xeito de tecer e concibir a paisaxe urbana poden delatar, incluso con máis fidelidade que os propios oriúndos, os elementos claves, os costumes e as herdanzas dunha cultura.

A portada do templo imponse como o inmoble máis destacado, é o edificio símbolo de cohesión e de identidade dunha poboación. Ó seu arredor amoréanse en desorde casas que salpican o contorno de fiestras e tellados que non ocultan a esvelta silueta da igrexa encalada.

A variedade cromática é moi parca e imponse o branco que, a través dunha pincelada inconexa, describe nunha gama infinita, detalles cargados de significado, captando a pobreza e sucidade das barriadas, a monotonía da vida cotiá que, non obstante, acentúan a dignidade do monumento relixioso que salva a vila da vulgaridade e da indiferenza.
  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2023© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2021
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    coleccion@afundacion.org
    986 12 00 84 / 986 12 00 78