• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Obras
Obras
Busca por...

Obra

Artista

Técnica

Palabra clave

Inventario

Por año

MADRE E HIJA

JOSÉ SOLLA

MADRE E HIJA
INV:
3375
Año de creación:
1976
Dimensiones:
50 x 62 x 0
Técnica:
Pastel sobre papel

Comentarios

Conmove a sensación de saudade que transmite esta maternidade, a tristeza pechada nas facianas de nai e filla, concentrada nuns ollos que ven sen mirarnos.

Ambas as dúas figuras, enfocadas nun directo primeiro plano, non se contemplan e, non obstante, intúese o vínculo afectivo, a tenrura depositada na proximidade do xesto, nun cariño máis físico que visual.

A selección cromática, o vermello, o negro e o branco combínanse para transmitir, dun xeito parco pero efectivo, a contención de emocións. O negro emprégase como fondo que envolve as imaxes concibidas en cromatismo cálido. Mediante un ton vermello e con trazo firme, o autor vai desvelando os rostros, modelando as faccións, captando as ánimas. O branco da vestimenta nace do soporte de papel contribuíndo a crear unha obra austera, pero dun profundo lirismo, dunha beleza na que, como expón o autor, “as partes queren estar rimando co todo e viceversa”.

Exposiciones

"José Solla". Do 1 ó 23 de outubro de 1976. Sala de Arte. Caixa de Aforros Provincial de Pontevedra, Pontevedra.
  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2026© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2024
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    [email protected]
    986 12 00 84 / 986 12 00 78