• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Obras
Obras
Busca por...

Obra

Artista

Técnica

Palabra clave

Inventario

Por año

CARGADORES

JOSÉ SOLLA

CARGADORES
INV:
3442
Año de creación:
1969
Dimensiones:
35 x 25 x 0
Técnica:
Pastel e lapis graxo sobre papel

Comentarios

O peirao arxentino de Mar de Prata sérvelle o autor de escenario para reencontrarse e evocar a súa infancia en Marín.

O tema intrascendente de dous estibadores cargando pesados fardos xustifica a verticalidade dominante da composición reforzada pola maraña de mastros e de embarcacións que apenas permiten adiviñar o mar infinito e o horizonte en calma.

O interesante da proposta non é o tema, senón o contorno sintetizado. Solla converte os estaleiros nunha paisaxe de xeometrías, dá os seus primeiros pasos cara á abstracción das formas a través das estrañas grafías que invaden a obra coma resultado da rapidez e a improvisación que impón o debuxo. Os trazos decididos, as liñas, combínanse coas manchas e o sombreado xerando certa impresión de confusión e de caos. O cromatismo sucio, conferido polo marrón e o negro, posúe un forte valor semántico e imprímelle á escena unha maior sensación de sordidez e de dureza.

Exposiciones

"José Solla". Febreiro de 1979. Sala de Arte. Caixa de Aforros Provincial de Pontevedra, Pontevedra.
  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2023© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2021
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    coleccion@afundacion.org
    986 12 00 84 / 986 12 00 78