• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Obras
Obras
Busca por...

Obra

Artista

Técnica

Palabra clave

Inventario

Por año

PESCADORES

CABALLERO

PESCADORES
INV:
3551
Año de creación:
1972
Dimensiones:
72 x 92 x 0
Técnica:
Óleo sobre lenzo

Comentarios

As ensinanzas da Vangarda histórica influirán na sensibilidade do autor que orientará o seu interese cara ó seu contorno cotián, a súa realidade máis próxima para plasmala dende a súa particular visión, dende a súa atalaia de debuxante exquisito.

O traballo e as xentes do mar adquiren unha dimensión simbólica. A envarada actitude dos mariñeiros sobre a embarcación, a súa rixidez artificial, contribúe a crear a sensación de representación teatral, de pose fotográfica, nunha escenografía coidadosamente pensada onde cada protagonista ocupa o seu espazo. Non hai lugar para as individualidades, só importa a nobreza da pesca, da tarefa diaria, entendida coma un ritual, de lanzar as redes.

O cromatismo sucio, de tonalidades pardas, ocres, marróns, adquire matices dourados grazas á persistente luz do ocaso, que ilumina a escena dende o fondo recortando as figuras e outorgándolles un aura case relixiosa.
  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2023© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2021
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    coleccion@afundacion.org
    986 12 00 84 / 986 12 00 78