Arcela Codia, 1986-1994
- INV:
- 3828
- Año de creación:
- 1992
- Dimensiones:
- 224 x 224 x 0
- Técnica:
- Mixta sobre cartón e madeira
Comentarios
Esta espectacular obra de Lamazares reflicte todas as constantes na coherente traxectoria do seu autor. Un soporte de materiais pobres, neste caso cartón e madeira, que aparecen refinados a través do exquisito tratamento de vernices. Unha gran forza expresiva, en perfecto equilibrio co sentido poético da obra e un cromatismo intenso e irreal.A obra Arcela Codia é unha grande explosión de cor, de manchas que o inundan todo, e que ocultan en segundo plano unha silueta humana apenas esbozada, pero de gran contido expresivo. Neste sentido, chama a atención a gran silueta de corazón que se atopa sobre o peito do home.
O universo persoal de Lamazares ofrécenos nesta ocasión unha obra intensa e sutil, traballada a través da forza das texturas, da cor e da imaxe evocada.
Exposiciones
Alma en luns. Xuño 2002 - Museo Municipal de Ourense.
Exposición “Arte Galega 2D-XXI. Colección Caixanova” no Instituto Cervantes de París, do 25 de abril ao 30 de maio de 2008.
Reproducciones
Catálogo da exposición Alma en luns (xuño 2002). Museo Municipal de Ourense. Edita Concello de Ourense.
“Arte Galega 2D-XXI. Colección Caixanova”, páxina 35.